A Gudiña

Localidad

1 valoracións
1
1
1

Restaurantes en A Gudiña

A Gudiña ©Panoramio / josedobruma

A Gudiña ©Panoramio / josedobruma

A Gudiña é coñecida desde o século XVIII polos seus mesóns e pola súa carne de tenreira, de gran calidade. A oferta hostaleira é abundante polo que os camiñantes non acharán problema en atopar un lugar onde poder avituallarse. Para os máis madrugadores unha boa opción para o almorzo é o Hostal Suízo, cuxa cafetería abre as 24 horas. Ademais, as cafeterías de varios hoteis, como o Bruma, amencen tamén cedo, ás 06.30 horas.

Como outras opcións de xantar están os bares Rella ou San Francisco, situados do mesmo xeito que outros moitos servizos na avenida do Beato Sebastián de Aparicio. Nesta rúa principal tamén se sitúa o Bar Peregrino, con almorzos, bocadillos e racións. Para comer de prato hai moitas opcións, entre as que destacan algunha parrillada ou os establecementos de comida caseira, como o Mesón O Fiadeiro ou o Restaurante Óscar. Nos restaurantes dos hoteis tamén hai unha boa oferta. No Bruma hai, incluso, dous menús do día, a 9,90 e a 12 euros, que tanto se serven á comida como á cea.

O tempo en A Gudiña

26/04/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil988421004
  • Protección Civil696820722
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom