APACA recolle máis de 70.000 sinaturas en favor dos cans abandonados no Camiño

"Non temos ningún tipo de apoio institucional e necesitamos axuda, porque a nosa capacidade desbórdase", aseguran desde a protectora galega

Fabio
03/08/2016 13:00 '
Camino de Santiago

Camino de Santiago

Mentres que o Camiño de Santiago ten moitos puntos positivos, tanto culturais como de interese turístico e económico, o certo é que non todo o que sucede contorna ao Camiño é bo. Unha das grandes preocupacións actuais na que moitas organizacións están a poñer agora o seu punto de mira, é o abandono de animais de compañía ao longo do Camiño de Santiago. Especialmente hai un problema importante de abandono de cans na Ruta Xacobeo, cuxos números aumentan a cada día que pasa.

Por iso a Asociación Protectora de Animais do Camiño de Santiago (APACA), que exerce o seu labor en Arzúa sen ánimo de lucro, abriu recentemente unha campaña de sinaturas no portal 'change.org' para buscar o apoio de cidadáns e organismos públicos: "non temos ningún tipo de apoio institucional e necesitamos axuda, porque a nosa capacidade desbórdase", comentan os responsables desta organización. A campaña recolleu xa máis de 70.000 sinaturas.

Dous son os principais problemas no Camiño de camiño de Santiago, segundo APACA. En primeiro lugar o abandono de animais e, en segundo lugar, unha práctica inconsciente dalgúns peregrinos que permiten que os cans lles sigan na súa andanza, afastándose da súa casa e desorientando ao animal. En moitas ocasións estes cans carecen de chips de identificación.

"Todos xuntos imos pedirlle ao Concello de Arzúa e á Xunta de Galicia que garantan un traballo de colaboración entre as institucións e APACA", comentan na súa campaña de obtención de sinaturas os responsables desta asociación, que viron pouco interese das autoridades locais.

Relacionados

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
Pedro Gómez
Pedro Gómez 03/08/16 15:35:25
10
Petición firmada por un servidor. Da mucha pena ver cómo la gente abandona o maltrata a sus animales… Aún hace poco vi una noticia, creo que sucedió en Turquía, en donde cogieron 4 perros y los empaparon de alquitrán y los dejaron pegados al asfalto… No entiendo que tiene en la cabeza esta gente.
1 0
Pepe AM
Pepe AM 03/08/16 15:08:18
00
Nunca entenderé como, las personas que tienen mascota, pueden dejar abandonada a su perro así por las buenas... Petición firmada, por supuesto
0 0
ArnauRG
ArnauRG 03/08/16 14:34:09
00
Por supuesto, petición firmada !
0 0
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interés

Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos, manter a sesión e personalizar a experiencia do usuario, así como para obter estatísticas anónimas de uso da web. Se continua navegando consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información aquí