
Din que Santiago de Compostela é o pobo máis grande do mundo e á súa vez a cidade máis pequena do planeta.
E é que a capital galega xunta as comodidades dos núcleos de reducido tamaño e as vantaxes das urbes máis sofisticadas. Crúzase de punta a punta cun lixeiro paseo e non ten nada que envexar en canto aos servizos que ofrecen as grandes capitais. Solitarios e tranquilos cantos ou buliciosas rúas de viños, todo nun mesmo escenario. Sen dúbida, o casco histórico, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, é a xoia da coroa. Levantado pedra a pedra arredor da maxestosa catedral, moitas veces acapara todos os piropos dos forasteiros.
Pero Santiago é moito máis que a súa zona vella. Dende o seu dinámico Ensanche ata os seus sinxelos e encantadores barrios, aos máis de dous millóns de metros cadrados de espazos verdes nos que coinciden turistas, estudantes e veciños. O descubrimento da tumba do Apóstolo no século IX transformou para sempre este lugar sagrado, que ata entón era sitio de paso. Dende ese instante Santiago de Compostela non cesou de crecer e crecer. E sempre respectando as súas raíces.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
12°
22/09/2023
few clouds
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649