
Os restos atopados nas terrazas do río Cúa certifican que estas terras están poboadas desde o Paleolítico.
Xa na Idade Antiga, os autores latinos, nas súas crónicas das guerras contra os astures, falan de Bergida (moi probablemente Castro Ventosa ou A Edrada), tomada no 19 a. C. polos exércitos romanos. A conquista motivou o nacemento de Bergidum Flavium, centro de operacións para as proveitosas extraccións de ouro que os romanos levaron a cabo na comarca.
O nome de Cacabelos está recollido por primeira vez no século X, e a comezos do XII, Diego Gelmírez, arcebispo de Santiago, funda a igrexa de Santa María. Ao longo da Idade Media Cacabelos experimenta un forte crecemento debido á fertilidade das súas terras e ao seu emprazamento estratéxico, até integrarse no marquesado de Villafranca .
Multiplícanse o seu número de hospitais e templos relixiosos, así como as transaccións comerciais que levaban a cabo na vila. Xa no século XIX, o nome de Cacabelos volve saltar ás primeiras páxinas dos libros de Historia. En plena Guerra da Independencia, o Cúa acolleu unha batalla entre as tropas inglesas de Moore e as francesas de Colbert. O 3 de xaneiro, a puntaría dun francotirador acabou coa vida do xeneral ás ordes de Napoleón. A finais do XIX a crise da filoxera golpeou Cacabelos con dureza.
A filoxera da vide é un pequeno insecto chegado de América que arrasou con boa parte da produción vinícola en moitas partes do país. Cacabelos, ao ser terra vinícola, sufriuna en maior medida. Non se recuperaría do golpe até a chegada de enxertos americanos a mediados do XX, motivando un novo boom comercial e poboacional. Cacabelos, terra de viño e de camiño.
A Feira do Viño celébrase do 1 ao 3 de maio. Por estas datas, gran número de turistas e veciños de localidades próximas acoden a Cacauelos en busca de diversión. O M.AR.CA., Museo Arqueolóxico de Cacabelos, actúa como depositario e responsable da colección formada en 1964 por iniciativa de D. Eumenio García Neira.Atópase en pleno Camiño de Santiago e a súa visita sorprenderá aos peregrinos.
Desde soldados de chumbo até restos arqueolóxicos. Este organismo é un dos principais conservadores, investigadores e difusotes das riquezas da comarca. Piscinas municipais na Avenida Arganda. Prezo: 2,25 euros. É posible bañarse na praia fluvial, na zona á beira do albergue público.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Cacabelos de Santiago de Compostela é de 194 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
8°
04/12/2023
muy nuboso
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649