A coñecida como “catedral de Castroverde” é en realidade a igrexa de Santa María de Vilabade, unha pequena parroquia a tres quilómetros de Castroverde. Atópase no Camiño primitivo, aínda que non todos os peregrinos pasan por aquí, porque hai dúas rutas para realizar a etapa que vai dende O Cádavo ata Castroverde. Sen embargo, paga a pena escoller este traxecto para visitar esta ecléctica igrexa.
Aínda que a data documentada da súa fundación é no século XV, foi en realidade unha refundación do templo anterior, do século XIII. Nese emprazamento ubicábase un convento fundado por San Francisco de Asís en 1214, cando volvía a Oviedo da súa peregrinaxe a Santiago, pero que foi deteriorándose pola falta de fondos para mantelo. Os frailes dese convento orixinario deixaron o mosteiro, que non se conserva, e abandonaron a igrexa para trasladarse a Lugo. A construcción da refundación pertence ao periodo gótico, pero se realizaron varias reformas nas que se incluíron elementos arquitectónicos barrocos e neoclásicos.
A ábsida aínda conserva a estrutura orixinal, cas súas bóvedas de crucería e os seus arcos lixeiramente apuntados, aínda que o resto da nave está sostido por unha bóveda de canón. Na entrada da igrexa consérvase unha inscripción que dá testemuña da súa fundación en 1457, e é xunto á ábsida un dos poucos elementos que dan testimonio do estilo gótico no que se fundó a igrexa.
A fachada é un claro exemplo da arquitectura neoclásica, con cinco arcos de medio punto e o seu sobrio frontón triangular apoiado sobre pilastras. Accédese a el mediante unha escalinata que dá paso ao pórtico, tamén remanente da construción gótica. No seu interior, o retablo é paradigma da arte barroca, e amosa unha imaxe de Santiago Matamoros. Ademais, consérvanse os restos duns frescos de época indeterminada e motivo incerto, xa que están deteriorados pola humidade.
Esta igrexa pasou polas manos de varios propietarios, sendo os primeiros a congregación franciscana. Cando se fundou no século XV, foi grazas a unha inversión de Fernando de Castro, e se pode atopar o seu escudo nas roelas do pórtico. Poucos anos máis tarde o cabido de Lugo conseguiu a súa propiedade tras un pleito, e no século XVI o bispo Osorio inclúe o seu escudo no tímpano do frontón. En 1760 os descendentes de Osorio edifican o Pazo de Vilabade xunto á iglesia, creando un conxunto único. Desde 1979 considérase Monumento Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural, polo que é unha parada que paga a pena.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
9°
22/09/2023
generalmente soleado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649