
Todos os peregrinos que chegados a Cea deban facer un alto no Camiño para regresar aos seus lugares de orixe ou que queiran empezar a súa travesía é esta localidade ourensá, deberán establecer a conexión vía autobús. A compañía que fai parada no núcleo, dentro da súa liña Santiago-Ourense, é Monbús.
Entre ambas, a localidade máis próxima desde Cea é Ourense. O traxecto dura desde 28 a 40 minutos, segundo o percorrido utilizado. Ao longo da semana hai moita frecuencia de viaxes, que se manteñen durante o fin de semana, aínda que nun número menor (adoita haber entre catro ou cinco ao día). No caso de Santiago a distribución de frecuencias é parella aínda que o tempo de viaxe desde Cea ata a capital galega é maior, de ao redor dunha hora e media.
Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.
Os peregrinos que necesiten trasladarse en taxi non acharán dificultade en poder facelo. No núcleo hai tres números aos que se pode chamar. Antonio Pérez: ( 34) 988282226; Antonio Rodríguez: ( 34) 988282077; e José Torres: ( 34) 988282231. Nas proximidades, en Oseira, está Manuel Rodríguez -( 34) 988282673-, en Martiñá, Antonio Sánchez: ( 34) 666764475 e, en Cotelas (na variante do Camiño que segue cara a Piñor), o taxi do bar O Refugio: ( 34) 988282593 / 606709167.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
12°
25/01/2021
muy nuboso
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649