Reportaxe

Cocido Maragato: Pratos típicos do Camiño de Santiago

A gastronomía do Camiño de Santiago é variada e rica, chea de pratos únicos que quentan a alma do peregrino a través do estómago, como o cocido maragato

Cocido Maragato: Platos típicos del Camino de Santiago

Cocido Maragato: Platos típicos del Camino de Santiago

? Gastronomía do Camiño de Santiago: O cocido maragato

  • De onde é típico?: Provincia de León 
  • Como se toma?: Sérvese e tómase quente
  • Outros pratos típicos da zona: Botelo do Bierzo, Bacallau ao allo  arriero

O cocido maragato é un guiso tradicional castelán que toma o seu nome da comarca da  Maragatería, na provincia de León. Orixinalmente este prato tradicional era preparado e consumido polos traballadores do campo: unha única comida no día para afrontar unha dura xornada de traballo baixo o sol ou a expensas do frío e o vento.

É un prato realmente completo e consistente (perfecto para calquera peregrino despois de percorrer unha dura etapa do Camiño Francés) que require ser cociñado lentamente, incluíndo ingredientes como legumes, carne e verduras. Primeira cócese a carne para dar como resultado a sopa, que se serve espesa, con  fideos ou con pan. 

O cocido que se serve ao revés

Una das características máis coñecidas e únicas do cocido maragato son os seus tres " vuelcos ao  reves"; é dicir, tradicionalmente sérvese aos comensais -sempre en grandes fontes separadas- comezando pola carne, daquela os garavanzos e verduras e por último a sopa, xusto en orde inversa respecto a outros cocidos tradicionais.
Na elaboración do cocido maragato, que por suposto se serve quente, pódense utilizar máis dunha decena de tipos de carne diferentes (aínda que tradicionalmente fálase de sete carnes), como o chourizo, a chacina, o morro de porco, a carne de vaca, carne de galiña, touciño... 

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom