As Etapas do Lugo

Localidad

2 valoracións
8
7
6

Conexións en Lugo

Lugo ©Panoramio / molineli

Lugo ©Panoramio / molineli

A principal vía de comunicación de Lugo coa meseta e coa costa atlántica galega é a autovía gratuíta A-6, que circunvala a cidade e enlaza coas estradas que levan ata A Fonsagrada (a do Primitivo, a LUNS-630); á costa cantábrica, Ribadeo e Asturias pola costa (a N-540 en dirección nordeste); a Palas de Rei, Melide, Arzúa e Santiago (a combinación da N-540 coa N-547 en dirección sueste); a Ourense pola N-540 (en dirección sur); e a Sarria e Monforte de Lemos pola CG-2.2.

A Coruña e o seu aeroporto -Alvedro- distan por estrada unha hora de Lugo. Tárdase o mesmo en chegar dende a cidade da muralla ata A Fonsagrada (por onde entra o Primitivo en Galicia). Este percorrido fano pola LU-630 os autobuses da empresa Her-vei. Hai varias frecuencias ao día en ambos os dous sentidos. Os horarios poden comprobarse na web da empresa e na da estación de autobuses de Lugo. (Teléfono: +3498222395.

A estación está situada nunha zona céntrica, moi preto da muralla, na Praza da Constitución de Lugo).

Por tren

O Camiño de Santiago entra en Lugo moi preto da estación de tren. De feito o peregrino pasa por debaixo da ponte da Chanca. Pero non hai moita frecuencia nas liñas que, operadas por Renfe, unen a cidade da muralla coa Coruña (cinco trens ao día, tardan polo menos hora e media), Ourense (dous ao día, hora e media de traxecto) ou Monforte de Lemos (outros cinco). Non hai tren directo a Santiago de Compostela. Nin se lle espera.

Tampouco boa comunicación por estrada coa capital de Galicia. Galicia foi condenada a non ter proximidades. E nótase nun servizo pouco competitivo coa estrada. A Madrid hai dous trens ao día. Un -o Alvia- tarda sete horas en chegar á capital; outro, o Trenhotel, necesita nove para facer ese percorrido.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

En Lugo hay 68 taxis. Están agrupados en Radiotaxi Lugo, que centraliza la atención telefónica para pedir este tipo de transporte público los 365 días del año y a cualquier hora del día en el (+34) 982213377. Hay varias paradas de taxis por la ciudad. Las más útiles en principio para el peregrino son las de la Porta de Santiago, Praza de Ferrol y estación de tren.

O tempo en Lugo

26/04/2024

broken clouds

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil982221311
  • Policía local982297110
  • Conexión por tren
  • Ultramarinos
  • Protección Civil982297285
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom