
Miño é unha vila costeira que en período vacacional, especialmente no verán, multiplica a súa poboación e incrementa os servizos.
Municipio de 5.739 habitantes, está dividido en oito parroquias (Bemantes, Callobre, Carantoña, Leiro, Castro, Miño, Perbes e Vilanova).
Os maiores atractivos do concello son os seus areais, de gran fino e marcada afluencia turística, que abren paso ao mar ata a ría de Betanzos, capital das Mariñas coruñesas. Desde o ano 2000 ostenta a distinción autonómica de municipio turístico, avalado non só pola súa costa, senón tamén polas súas rutas e patrimonio cara ao interior.
O político Manuel Fraga popularizou unha das súas praias, a de Perbes, onde pasaba os meses de agosto refuxiado nun chalé edificado ao pé do areal.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Miño de Santiago de Compostela é de 80 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
15°
22/09/2023
nubes dispersas
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649