
O centro histórico, atravesado polo Camiño, comeza coa igrexa de Santa María de Neda, no Camiño do Paraíso.
Porto comercial e estaleiro na Idade Media, a real vila de Neda (5.512 habitantes) estende a súa superficie desde a ribeira da ría de Ferrol e os vales do Belelle, Castro e Xuvia ata os cumes dos montes de Ancos e Marraxón.
Divídese en catro parroquias: Santa María de Neda e Santo Nicolás de Neda e outras dúas máis rurais e interiores, San Pedro de Anca e San Andrés de Viladonelle. Foi a mediados do século XIV cando o rei Alfonso XI outorgou foros reais ao municipio, en gratitude pola intervención dun veciño da localidade, Alfonso Esquío, na toma da baía de Alxeciras, capitaneando un navío construído nos estaleiros nedenses.
A distinción deu ás á economía local, aínda que xa destacaba no medievo por ser residencia de notables familias e baixo a influencia do señorío dos Andrade. Entrar en Neda é entrar no Paraíso, do que se sae pola Gloria, un xogo de palabras que fai referencia aos barrios que antigamente se situaban no núcleo intramuros, de apenas un quilómetro cadrado.
O seu enclave no golfo Ártabro vinculou a vila ao Camiño de Santiago desde as primeiras peregrinacións a Compostela, como porto de arribada e lugar de tránsito para os romeus.
A Casa da Cultura de Neda recolle valiosa e documentada información do Camiño de Santiago. Boa parte da recuperación do trazado ata Compostela débese ao labor dos responsables do centro, por iso é un dos mellores lugares para recomendar aos peregrinos que desexen información detallada.
Ademais, adoitan organizar exposicións e actividades culturais relacionadas co itinerario xacobeo.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Neda de Santiago de Compostela é de 102 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
6°
05/12/2023
niebla
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649