Novas iniciativas para promocionar o Camiño de Inverno en Valdeorras

En colaboración co Instituto de Estudos Valdeorreses, os Amigos do Camiño por Valdeorras queren organizar unhas xornadas culturais

Fabio
16/06/2016 13:00
Amigos do Camiño por Valdeorras - LOLITA VÁZQUEZ

Amigos do Camiño por Valdeorras - LOLITA VÁZQUEZ

A asociación Amigos do Camiño por Valdeorras está disposta a comandar as iniciativas necesarias para que o Camiño de Inverno, que recentemente foi incluído na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia, sexa promocionado fóra das súas terras e que, por suposto, os valdeorreses implíquense na sua difusión, pois pode supoñer unha importante fonte de ingresos procedentes do turismo.

Responsables da asociación reuníronse nas últimas horas con dirixentes dos concellos da Comarca de Valdeorras polos que transcorre o citado Camiño, afectando os municipios de O Barco, A Rúa y Rubiá (non acudiron Vilamartín e Carballeda). O obxectivo da asociación é expor aos concellos a realización de actividades promocionais, e que sexa a propia administración a que os promocione, pois "os concellos teñen máis capacidade que nós para chegar a toda a población".

En colaboración co Instituto de Estudos Valdeorreses, os Amigos do Camiño por Valdeorras queren organizar unhas xornadas culturais nas que especialistas do Camiño de Inverno informen á poboación sobre a fantástica ruta.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom