
É un dos expoñentes turísticos das Rías Baixas. A península do Grove é ben coñecida pola súa xa tradicional Festa do Marisco, as súas praias, a paradisíaca illa da Toxa, as súas augas termais e clima agradable.
Distinguido como municipio de Excelencia Turística, O Grove rolda os 12.000 habitantes e está dividido en dúas parroquias: San Vicente e San Martiño. A pegada humana marca estas terras desde a Idade de Bronce. Os primeiros asentamentos datan do 1.500 a. C.
Testemuñan a relevancia do enclave os castros e as numerosas mostras da cultura romana e prerromana. Pero se algún vestixio arqueolóxico destaca na tradición xacobea, ese é a necrópole de Adro Vello, un xacemento onde se recuperou unha moeda do século XII acuñada co gallo da Traslatio do Apóstolo a Compostela. O Grove alimenta a lenda. Tamén a historia e os mitos que envolven a viaxe dos restos de Santiago o Maior a Galicia.
O Acuario do Grove, en Punta Moreiras, é un referente en divulgación e educación, e alberga un milleiro de exemplares, dun centenar de especies distintas, que habitan os seus 28 tanques.
No acuario atópanse representados os ecosistemas mariños propios das Rías Baixas. Congros de máis de dous metros, unha quenlla touro, unha tartaruga boba, polbos ou morenas... Unha fiestra ás profundidades do mar.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa O Grove de Santiago de Compostela é de 85 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
19°
04/10/2023
muy nuboso
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649