As Etapas do O Grove

Localidad

1 valoracións
0
0
0

Conexións en O Grove

Por estrada, a AG-41 (autovía do Salnés) conecta o municipio do Grove coa autoestrada AP-9. É a mellor opción se se visita o municipio desde o norte de Galicia. Pero se se accede desde o sur, a estrada PO-308, que une Pontevedra con Sanxenxo, é o recomendable.

O Grove ©Panoramio  F.Azevedo

O Grove ©Panoramio F.Azevedo

O Grove ten estación de autobuses, e está situada en Beiramar, próxima ao consistorio. As liñas regulares comunican a localidade con Pontevedra, Vigo e Santiago. Teléfono de información: ( 34) 902292900 (Monbús). Ao Grove non chega a liña ferroviaria, por iso, de usar este medio, as estacións de Vilagarcía de Arousa e a de Pontevedra son as máis próximas. O aeroporto de Santiago de Compostela (Lavacolla) atópase a pouco máis 90 quilómetros, e o de Vigo (Peinador) a 72 quilómetros. Calquera das dúas terminais supón unha viaxe por estrada de ao redor dunha hora.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

No Grove hai unha ducia de puntos con servizo de taxi. Unha das paradas está situada na rúa Luis Antonio Mestre. O teléfono de contacto é o 986730161. Tamén na illa da Toxa está dispoñible o servizo de taxis, distribuído en dúas paradas ( 34) 986732664 e ( 34) 630188694.

O tempo en O Grove

10°

23/04/2024

clear sky

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil986735936
  • Policía local986733333
  • Ultramarinos
  • Protección Civil986732255
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom