Oliver e o seu irmán Juan Luís, con parálise cerebral, chegan a Santiago completando o seu reto Camiño Sen Límites

Estes dous irmáns granadinos percorreron 800 quilómetros desde que comezasen o seu camiño desde Roncesvalles hai un mes e medio

Fernando Borjas
24/10/2016 16:18
Oliver y Juan Luis alcanzan Santiago de Compostela

Oliver y Juan Luis alcanzan Santiago de Compostela

A viaxe solidaria dos irmáns Oliver e Juanlu concluíu este domingo 23 de outubro na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, tras 37 duras etapas e moitas experiencias desde que comezasen a camiñar en Roncesvalles o pasado 13 de setembro. Oliver e Juan Luís, cun 96% de discapacidade producida por unha parálise cerebral, percorreron desde entón os 800 quilómetros que separan o inicio do Camiño ata Santiado de Compostela en cadeira de rodas e foron recibidos por amigos e familiares en Santiago, onde se produciron escenas de xúbilo e gran emoción ao completar esta gran proba.

O motivo desta aventura é reivindicar os camiños accesibles e sen límites para calquera peregrino, independentemente da súa condición física no Camiño de Santiago, ademais de servir de inspiración para as persoas con discapacidade, facendo forza para lograr unha maior inclusión social destas persoas e en definitiva, un mundo máis accesible e con igualdade de oportunidades para todos. A través do seu proxecto, Camiño Sen Límites, conseguiron tirar todas as barreiras que se lles puxeron por diante, gravando en vídeo todo o traxecto e compartíndoo connosco a través das redes sociais.

Parte dos fondos recadados con esta iniciativa irán destinados á Asociación Accesibilidade para Todos "A Cidade Accesible",  da que Juan Luís é un dos seus maiores activistas, loitando polos dereitos das persoas con discapacidade e polas contornas máis accesibles. 

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom