Piden maior atención para o Castelo da Rocha Forte

A Asociación Cultural A Rocha Forte conseguiu modificar o percorrido do Camiño Portugués para que o seu trazado pasase preto das ruínas da Rocha Forte

Fabio
29/06/2016 13:00
Castelo da Rocha Forte

Castelo da Rocha Forte

O Castelo da Rocha Forte non ten, según Carlos Delgado, un dos fundadores da Asociación Cultural A Rocha Forte, o recoñecemento que se merece. Unha pena, pois realizaronse diversos esforzos nos últimos anos pero, por diferentes motivos, parece que o traballo quedouse a medias. "Todavía queda moito por facer", asegura Carlos, aínda que certamente investiuse moito diñeiro, "segue sendo o gran descoñecido de Santiago".

Carlos Delgado denuncia que as ruínas non están coidadas, e na actualidade a gran maioría están cubertas pola maleza. Un estado totalmente descoidado que choca contra o éxito que en 2012 conseguiron as visitas guiadas ao Castelo. Dun tempo para acó as visitas xa non se realizan, algo ao que a asociación espera poñer solución pronto co concelleiro compostelán de Urbanismo.

A Asociación Cultural A Rocha Forte consigueu modificar o percorrido do Camiño Portugués para que o seu trazado pasase preto das ruínas da Rocha Forte, aínda que advirte que actualmente falta o cartel que indique a presenza do castelo medieval a 200 metros. Con todo, recoñece que no seu estado actual moitos peregrinos poderían quedar descontentos de este pequeno desvío para contemplar as actuais ruínas: "se van, verán máis maleza que ruínas, e encima estará pechado". Carlos Delgado asegura que non é unha cuestión de diñeiro, pois indica que moitos están dispostos a colaborar de forma desinteresada.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom