Pontecesures

Localidad

1 valoracións
0
1
0

Información de Pontecesures

Asentado a beiras do río Ulla, nun tramo xa próximo á súa desembocadura na ría de Arousa, este pequeno municipio, límite setentrional da provincia de Pontevedra, é paso obrigado para os peregrinos que se embarcan en dous camiños.

Ponte que separa as provincias de Pontevedra e A Coruña / Fotografía de Xosé Castro

Ponte que separa as provincias de Pontevedra e A Coruña / Fotografía de Xosé Castro

Para os que transitan polo Camiño Portugués convértese na antesala do clásico fin de etapa situado en Padrón. Para aqueles que cobren por mar o traxecto que realizou na súa chegada a Galicia a barca cos restos do Apóstolo, Pontecesures sitúase como fin da travesía, unha meta afeada polas fumarentas fábricas de aglomerados instalados desde hai décadas no lugar.

Desde este punto os peregrinos marítimos continuarán periplo ata Santiago por vía terrestre. O río Ulla condicionou a historia e a actividade comercial deste núcleo. De feito, durante a época romana foi un dos principais portos galegos desde onde saían produtos cara a Roma. En tempos de Diego Gelmírez -primeiro arcebispo de Santiago- construíuse nos seus estaleiros a Armada castelá que loitou contra os normandos e sarracenos.

Tamén tivo no século XV, e por concesión real, o monopolio para a carga e descarga de sal. O nome do núcleo, sobre o que se escribiron varias teorías, parece que podería estar relacionado con Censuris, por ser neste lugar onde se facían os empadroamentos romanos. Como curiosidade destacar que esta localidade, vila desde o ano 1881 e municipio independente desde 1925, acolleu neste último ano a primeira feira do automóbil de ocasión de España.

Curiosidades do Pontecesures

O ano 1925 quedou gravado na memoria histórica de Pontecesures como o nacemento do seu concello pero, tamén, como a data na que, animados por Eugenio Escuredo Lastra, un vigués fincado na zona, os cesuráns decidiron celebrar a I Feira do Automóbil de Ocasión, que sería a primeira destas características que se celebraba en España.

Un grupo de avezados industriais viaxaron á feira alemá de Leipzig e de alí regresaron coa idea de organizar algo similar neste núcleo. O cartel deseñado para a ocasión foi creado por Carlos Maside, afamado pintor, caricaturista e debuxante galego, veciño desta localidade. Realizáronse novas edicións da feira nos anos 1926, 1950 e 1954. Un monumento situado na rúa San Lois, na propia sirga peregrina, recorda as feiras do automóbil celebradas no municipio.Ademais da Festa da Lamprea, que ten lugar en abril e na que os peregrinos poderán degustar este exquisito manxar, Pontecesures tamén acolle outra coñecida celebración, de carácter unicamente relixioso.

Trátase da festividade de San Lázaro (marzo), patrón dos leprosos, e que protagoniza unha romaría cuxo orixe se remonta ao século XIV, polo que é considerada como unha das máis antigas de Galicia. En Pontecesures hai moita devoción por San Lázaro ao existir durante a Idade Media neste enclave unha importante leprosería.

Distancia do Camiño de Santiago desde Pontecesures

Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Pontecesures de Santiago de Compostela é de 27 quilómetros.

O tempo en Pontecesures

11°

20/04/2024

generalmente soleado

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Policía local986564411
  • Conexión por tren
  • Protección Civil986557600
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom