Reportaxe

Por que facer o Camiño de Santiago organizado?

O Camiño de Santiago, como itinerario cultural, e sobre todo como experiencia de vivilo, ofrece múltiples maneiras para a súa realización e goce. Como xa é sabido, pódese realizar por conta propia facendo uso dos múltiples albergues que existen ao longo dos diferentes Camiños.

Camino de Santiago en grupo

Camino de Santiago en grupo

Pero existe outra forma de realizar igualmente o Camiño, e é facer o Camiño de Santiago organizado, a través dunha axencia especializada no Camiño e, se se opta por esta posibilidade, Tee Travel é, sen dúbida, a axencia de viaxes referente na ruta xacobea desde o ano 2001. A axencia achega un asesoramento completo antes da viaxe; durante o traxecto realiza un seguimento de 24 horas ao día; e despois da viaxe interésase por coñecer a opinión dos viaxeiros en aras de satisfacer e mellorar sempre a atención ao cliente.

Como facer o Camiño? A pé ou en bicicleta, individualmente ou en grupo

O Camiño, a pé ou en bicicleta, é máis fácil con Tee Travel. Encárganse de facer a reserva nos diferentes hoteis e casas rurais de entre as múltiples posibilidades das que dispoñen nas diferentes rutas do Camiño de Santiago: Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño do Norte, Camiño Primitivo, Camiño Inglés, Camiño Portugués pola Costa, Vía da Prata, Camiño Fisterra-Muxía… Aínda que os seus servizos non se limitan á reserva de aloxamentos, senón que tamén trasladan as mochilas, reservan en restaurantes, proporcionan picnics para os que desexan comer nalgún dos idílicos paisaxes que nos proporcionan estas rutas, contan con guías expertos no Camiño e, como non, facilitan tamén bicicletas para aqueles que o desexen.

Camino de Santiago en grupo

Camino de Santiago en grupo

O Camiño pode realizarse individualmente ou en grupo. Hai quen prefire realizalo só, en parella, en familia, con amigos ou mesmo formar parte dun grupo con datas programadas e así viaxar acompañado dun guía e facer novos amigos. Os que prefiren realizalo dunha maneira máis libre poderán comezar o día que queiran e onde prefiran e mesmo camiñar o que desexen xa que a axencia, ademais dos paquetes que ofrece, tamén personaliza cada viaxe en función dos gustos e preferencias de cada peregrino.

Cando podemos facer o Camiño en Grupo?

Camiño Francés:

O viaxeiro que queira formar parte dun grupo organizado ten a opción de escoller estas datas programadas para o Camiño Francés coas seguintes saídas en 2018: 5 de maio, 23 de xuño, 14 de xullo, 1 de setembro, 22 de setembro ou 6 de outubro.

Camiño Portugués:

Se se decanta polo Camiño Portugués, podería saír o 7 ou o 13 de setembro.

Trátase de viaxes guiadas cun máximo de 15 participantes e de sete días de duración, de maneira que se preserve a calidade, servizo e atención a cada un. Os guías que acompañan aos grupos son perfectos coñecedores do Camiño e minuciosamente formados por Tee Travel.

Camino de Santiago en grupo

Camino de Santiago en grupo

Camiño Clean: Goza da beleza do Camiño de Santiago e cóidao

Ademais da atención ao peregrino, tamén é necesario resaltar o coidado e a protección do Camiño de Santiago, motivo polo cal nace Camiño Clean. Trátase dun movemento de accións orientadas a conservar o medioambiente e a manter o respecto entre todos aqueles que percorren as etapas do Camiño de Santiago. Tee Travel apoia firmemente esta iniciativa e sumouse á primeira acción de recollida de residuos no Camiño, coa intención de, ademais de limpar, concienciar a nenos e maiores da importancia de non deixar máis que as pegadas dos seus pés no Camiño para manter este itinerario Patrimonio da Humanidade intacto de fronte ao futuro.

Como axencia especializada no Camiño de Santiago, Tee Travel conta con varias oficinas a pé do Camiño. Unha oficina en Vilagarcía de Arousa, aos pés do Camiño Portugués; outra en Sarria, nos afamados últimos 100 quilómetros e unha terceira en Santiago de Compostela ao seu paso polo Camiño Francés, xusto antes de alcanzar a Catedral. Nesta oficina de Compostela, celébranse o último xoves de cada mes unhas charlas viaxeiras que se converten nun punto de encontro para presentar e charlar de viaxes en diferentes destinos europeos entre os que se atopan itinerarios para realizar a pé ou en bicicleta por ríos tan afamados como o Danubio e o Rhin ou lugares tan emblemáticos como a Toscana, os Fiordos Noruegueses, as Highlands Escocesas e a Rota Vicentina.

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom