Saint-Jean-Pied-de-Port

Localidad

3 valoracións
28
17
16

Información de Saint-Jean-Pied-de-Port

Este belo e turístico pobo francés dos Pireneos atlánticos, situado na rexión de Aquitania e bañado polo río Nive, confirmouse como un dos principais puntos de saída dos peregrinos cara a Santiago.

Bella estampa del río Nive

Bella estampa del río Nive

O inicio do Camiño de Santiago para moitos peregrinos

O seu encanto e o inmediato reto de afrontar ata Roncesvalles a etapa máis dura de toda a vía xacobea xogan ao seu favor. Tamén o feito de que 20 quilómetros antes se sitúe Ostabat, o lugar no que conflúen tres das grandes vías que transitan polo territorio francés (as que parten de Le Puy, de Limoges e de Tours). Na Idade Media moitos romeus xa se xuntaban en Saint-Jean-Pied-de-Port para afrontar xuntos a dura subida e posterior baixada ata Roncesvalles.

O núcleo, fundado no século XII por iniciativa do rei de Navarra e emprazado a 8 quilómetros da fronteira con España, soubo conservar a súa autenticidade e o seu encanto medieval, cos seus edificios, as súas rúas empedradas e a sempre vixiante Cidadela. De pasado militar, a súa posición é estratéxica ao ser o inicio dun paso natural que atravesa os Pireneros. A tradución do seu nome confírmao: San Xoán ao Pé do Porto. Nesta tranquila localidade os romeus atoparán todo o necesario para o descanso previo ao longo periplo cara a Compostela.

Distancia do Camiño de Santiago desde Saint-Jean-Pied-de-Port

Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Saint-Jean-Pied-de-Port de Santiago de Compostela é de 781 quilómetros.

O tempo en Saint-Jean-Pied-de-Port

10°

26/04/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Conexión por tren
  • Ultramarinos
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom