
O Camiño do Ebro atravesa toda a península, de leste a oeste. Parte de Sant Jaume e atravesa toda a comunidade de Aragón, ata enlazar co Camiño Francés. Tamén atravesa a provincia de Teruel, que a pesar do humor que se fai á súa conta ten moitos enclaves de interese. Un deles está nunha vila de Jiloca chamada Fonfría. É a Ermida da Virxe da Silla, e aínda que se descoñece a súa orixe, é testemuña de moitos séculos de historia.
Trátase dunha ermida de planta de cruz latina dunha soa nave, con ábsida octogonal e cúpula que coroa o cruceiro. Ademais, incorpora a sancristía, salóns para irmáns, cociña, cortes e casa do eremita. Foi reconstruída parcialmente en numerosas ocasións ao longo da súa historia: no século XIX fixéronse tres reparacións e en 1936 foi saqueada e queimada parcialmente.
Tamén sufriu roubos durante o século XX: desapareceron as dúas campás, unha imaxe da Virxe de época barroca (que foi recuperada) e unha imaxe da Virxe que segundo a lenda foi doada por Jaime I de Aragón. A partir de 1989 iniciouse unha restauración máis cohesionada ata chegar á ermida que hoxe coñecemos.
Esta ermida está rodeada por un gran campo de romaría, polo que é onde se desenvolven moitos dos actos locais. As comarcas da zona celebran unha romaría o último domingo de maio, e tamén se reúnen na Inmaculada, en decembro, para colocar un belén.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
°
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649