As Etapas do Tui

Localidad

1 valoracións
8
9
5

Conexións en Tui

Tui ©Panoramio / farrangallo

Tui ©Panoramio / farrangallo

Principais conexións

Como ligazón de toda a costa atlántica galega con Portugal, Tui goza de excelentes conexións. Por estrada é sinxelo chegar tanto desde a fronteira como desde o norte a través da A-55, que está comunicada coa A-52 cara á meseta.

Tamén chega ata alí a autoestrada AP-9, pola que se pode enlazar con Vigo, Pontevedra, Santiago e o norte de Galicia. Por tren existe unha conexión de Renfe que comunica O Porto con Vigo e ten parada no municipio. Ademais, hai múltiples compañías de autobús que poden achegar aos peregrinos a Tui para comezar desde aquí o seu camiño. Monbus conecta Tui con Pontevedra todos os día de luns a venres. A ruta desde O Porriño está cuberta por Transportes Ojea e desde A Guarda por Alsa.

Tamén por bus existen conexións con Portugal, Autna cobre a ruta entre Vigo e O Porto e existe unha especial de Alsa Internoct que comunica Fátima con Santiago de Compostela e que ten parada en Tui.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

Para levar a equipaxe durante a ruta do Camiño portugués unha das principais opcións é a compañía Tuitrans, que cobre o tramo completo entre Pontelima, en Portugal, ata Finisterre ou Muxía tras pasar por Santiago de Compostela. (Susana ( 34) 636839675 ou Jose Manuel ( 34) 646982906 de 8.00 a 22.00 horas). O prezo é de 7 euros por mochila e etapa, aínda que pode reducirse en función do número de persoas. A empresa, que ten sede física en Tui (Bispo Lago, 5) encárgase de trasladar a equipaxe ata os lugares de aloxamento acordados co peregrino, que se poden anunciar o día anterior ou ben ofrecéndolles unha ruta completa da viaxe planificada.

Tamén conta cun servizo de taxi para os que necesiten axuda para terminar unha etapa ou realizar traslados desde aeroportos a algún tramo do camiño. Tuitrans ten o seu propio taxi e convenios con profesionais de todas as cidades do camiño, cos que xa están pechadas as tarifas especiais.

Ademais, ofrecen aluguer de bicicletas aos peregrinos. Os prezos son de 20 euros por día máis 35 pola recollida en Santiago de Compostela. Outra opción para desprazar as mochilas durante o Camiño portugués é Sinmochila: ( 34) 600295007 ou contacto@sinmochila.es. Neste caso cóbrense as seis etapas galegas e para o caso das axencias tamén as dúas de Portugal. A tarifa é de 7 euros por mochila e etapa, aínda que varía en función do número (mínimo 3 euros por máis de 15 mochilas).

As equipaxes son deixadas no lugar de aloxamento se se trata de hoteis ou albergues públicos, no caso dos da Xunta tense concertado con bares e cafeterías da zona. No municipio existen dúas paradas de taxi, en Calvo Sotelo, (teléfono: ( 34) 986600791) e na estación, na parroquia de Guillarei.

O tempo en Tui

18°

19/04/2024

clear sky

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil986600221
  • Policía local986603677
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom