
Verín é o punto onde conflúen os peregrinos que seguen a Vía da Prata polo ramal sur e os procedentes do Camiño Portugués do Leste.
No corazón do casco histórico da localidade, na praza García Barbón, os dous itinerarios fanse un para seguir, rumbo ao norte, ata Santiago de Compostela.
A de Verín é unha Historia vinculada a un territorio fronteirizo, rico en augas mediciñais e viños. Vila romana, asentada a beiras do río Támega, conta na actualidade cun censo próximo aos 15.000 habitantes, incluíndo os seus 17 núcleos de poboación.
¡Atención peregrino! No centro urbano a sinalización é precaria e pode dar lugar a erro ao continuar a etapa.
No castelo de Monterrei estableceuse a primeira imprenta galega no ano 1494, da que saíu o primeiro incunable do Misal de Monterrei.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Verín de Santiago de Compostela é de 180 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
22°
07/06/2023
moi nubrado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649