
O peregrino non achará dificultades para o almorzo, comida, cea ou avituallamento. Xunto ao albergue público, na Casa do Escudo, a heladería Viruxe abre as súas portas ben cedo para ofrecer almorzos. Outra opción, frecuentada polos ciclistas ou os caminantes que seguen o itinerario pola nacional N-525, é facer parada na cafetería da gasolineira, que tamén apura a apertura a primeiras horas.
E para os que prefiran levar o xantar na mochila, a escasos 20 metros do albergue, atópase a tenda de alimentación do barrio de San Lázaro: A Cunquiña. Para comer ou cear, unha boa elección é achegarse ao casco histórico, con locais como o restaurante Lugano (Amaro Refojo, 14); o mesón Vagalume (Rúa Maior, 4) ou o restaurante Venecia (Rúa Lisa, 13). Ou un xantar nas inmediacións dos balnearios e fontes mineiromedicinais, onde se contan media ducia de establecementos hosteleiros.
Nas avenidas de Laza e Luís Espada topará igualmente o romeiro con restaurantes, mesóns e casas de comidas.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
16°
04/10/2023
nubes dispersas
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649