O Mosteiro de San Xusto, tamén coñecido como Toxos Autos, está situado aos pés do Río San Xusto; un enclave que como moitos outros de Galicia garda todo un longo historial de lendas e misterios ao seu ao redor, á vez que curiosidades relacionadas coa historia do lugar.
Tras ser adquirido polos cabaleiros Froylán Alonso e Pedro Muñiz de Carnota entre os anos 1129 e 1133, o mosteiro chegou a converterse nun dos máis importantes e populares de Galicia debido ás riquezas do mesmo. As riquezas eran tales que no século XIV tanto a nobreza como o clero proclamaban unha repartición das mesmas.
A comezos do século XVI o mosteiro foi perdendo algunha das posesións máis valiosas e polo tanto parte da fama que se labrou tempo atrás. En 1835 e a desamortización daquel ano, o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos quedou completamente abandonado.
Tras pasar de man en man durante os séculos posteriores, o mosteiro é a día de hoxe un precioso lugar caracterizado pola natureza que o rodea; deixando entrever algunhas das estancias mellor conservadas do lugar.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
18°
02/10/2023
mist
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649