Astorga

Localidad

1 valoracións
3
6
3

Información de Astorga

O espírito hospitaleiro de Astorga queda reflectido noutros costumes e lendas da cidade. Así, por exemplo, por unha ordenanza de mediados do século XIII, había uns artesáns a quen se lles permitía traballar en domingo.

Imagen 578

Astorga, a Asturica Augusta dos romanos, con dous milenios de historia ás súas costas, escenario de diferentes invasións, bárbaras e árabes, e cuxo esplendor se viu ligado tanto á súa magnífica localización xeoestratéxica como ás minas de ouro da zona, tamén foi e aínda é unha encrucillada de camiños.

Nela conflúen dous dos principais itinerarios, a vía francesa e a da Prata, e, tras Burgos, é a localidade que chegou a contar cun maior número de hospedaxes para camiñantes. Capital turística da Maragatería, terra de arrieiros e casas de arquitectura propia, o seu conxunto histórico e catro dos seus principais monumentos están declarados bens de iInterese cultural. Zona de transición entre a planicie do páramo leonés e os montes de León, goza da fértil veiga do río Vesgo, en cuxas marxes os romeus poderán remollarse no verán.

O turismo lúdico complétase coa rica tradición gastronómica do enclave. O cocido maragato, a chacina de vaca, o chocolate para facer á cunca ou diversas sobremesas e doces magnificados nos seus follados e manteigadas abrirán boca a máis dun peregrino.

Curiosidades do Astorga

O espírito hospitaleiro de Astorga queda reflectido noutros costumes e lendas da cidade. Así, por exemplo, por unha ordenanza de mediados do século XIII, había uns artesáns a quen se lles permitía traballar en domingo. Eran os zapateiros, que desta forma podían axudar aos peregrinos necesitados de calzado na súa andaina. Como outra curiosidade destacan as coñecidas como fontes de Santiago. A lenda recorda como Santiago, cando se dirixía á batalla de Clavijo, deu un salto desde as murallas de Astorga. Na caída as patas do seu cabalo craváronse nun terreo, de onde brotaron as catro fontes.

Turismo lúdico

Aqueles romeus que durante o verán queiran darse un baño poden desprazarse ata dúas praias fluviais que hai na contorna. Ou ben poden retroceder ata San Justo de la Vega (áchase na vía milenaria) ou achegarse ata a de Sopeña de Carneros, situada a 4 quilómetros ao norte de Astorga. Astorga celebra diversas festas ao longo do ano. No verán ten lugar, a finais de xullo, a vistosa festa de recreación histórica de Astures y Romanos, mentres que un mes máis tarde, na última semana de agosto, toman a vez as festas patronais en honra a Santa Marta. Como outras celebracións que destacar están o Sábado de Piñata do entroido e a Semana Santa, declarada de interese turístico nacional.

Distancia do Camiño de Santiago desde Astorga

Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Astorga de Santiago de Compostela é de 260 quilómetros.

O tempo en Astorga

22°

18/03/2024

aguacero

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil987 615 128
  • Policía local987 616 080
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom