
A cor xacobea do enclave e o gran número de peregrinos dos últimos anos animan a varios bares a abrir moi cedo para ofrecerlles un madrugador almorzo. Moitos deles concéntranse na contorna da zona monumental ou na saída da cidade, no cruzamento coa N-VI. No centro histórico tanto o bar do hotel Gaudí, situado enfronte do propio palacio de Gaudí, como algún próximo abren desde as 7.00 horas. Da mesma forma, o café Pasaje da praza de España tamén amence á alba. Xa na saída áchanse os cafés Florida e Madrid. A estratéxica localización de Astorga e a afluencia de liñas de autobús provocan, ademais, que a cafetería da estación de autobuses permaneza aberta pola noite.
Para aqueles romeus máis larpeiros e que busquen probar o chocolate, unha das especialidades do enclave, un dos locais recomendados para almorzar é a chocolatería Sonrisas, situada na rúa Pío Gullón. No ámbito culinario os romeus non deben deixar de probar a especialidade por excelencia da Maragatería, o cocido maragato. Iso si, debido á súa contundencia, recoméndase tomalo ao final da xornada. Este prato componse de nove carnes diferentes, garavanzos, verdura, sopa e sobremesa, composta por natillas con biscoito ou manteigadas. A súa principal peculiaridade constitúea a forma de comelo, xa que primeiro se toma a carne, logo os garavanzos e, posteriormente, a verdura. E, finalmente, a sopa e as sobremesas. Unha lenda conta que esta orde xurdiu nos días da guerra da Independencia, cando os soldados apresurados pola inminencia do enfrontamento optaron por comer primeiro o máis alimenticio.
Outros estudos relatan que este feito se debe a que o arrieiro maragato, mentres transportaba diversos produtos e ante o son do ánxelus, detíñase para comer e sacaba da súa cazola primeiro a carne, despois os garavanzos e a verdura e, ao final, e xa ao chegar ao mesón, quentaba a sopa e o seu corpo. O cocido pode degustarse en practicamente todos os restaurantes de Astorga. Hai, incluso, algúns que o teñen case como prato único. Na maior parte dos establecementos hai un bo menú do peregrino, coidado e a bo prezo. As manteigadas constitúen o outro elemento gastronómico local máis famoso, aínda que no lugar tamén se elaboran follados. Ademais destes elementos citados, na cociña astorgana abunda o peixe, pois non en balde a cidade era outrora porto polo que pasaba o tráfico galego cara a Madrid. Como outras especialidades gastronómicas, cabe citar o congro ao allo arrieiro, a chacina de vaca ou as diferentes carnes procedentes da montaña do Teleno.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
23°
27/02/2021
nubes dispersas
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649