O Camiño súmase á loita contra o autismo

Integrantes da asociación Diversamente, súmanse ao Camiño co fin de servir de axuda a aquelas persoas que padecen de autismo.

Fran Pineda
18/07/2016 13:00
Integrantes de la asociación Diversamente

Integrantes de la asociación Diversamente

Varios integrantes da asociación italiana Diversamente, en apoio ás persoas que padecen de autismo, iniciaron o seu particular periplo no Camiño. O inicio da aventura deu comezo o pasado sábado na Coruña, etapa que posteriormente se trasladaría a Ferrol como punto de partida da viaxe coa intención de realizar o Camiño Inglés.

Pierangelo Cappai, un dos membros da asociación, sumouse á causa, sendo este o seu segundo percorrido. "Creo que O Camiño é máxico, se o fas unha vez nunca podes deixar de facelo"; explica Cappai, quen hai uns anos sumouse á aventura xunto ao seu fillo Federico, quen padece de trastorno do espectro do autismo.

A Asociación Diversamente quere demostrar coa súa viaxe que, calquera tipo de persoa, "pode facer O Camiño, teñen o dereito de facer todo o que fai calquera outra persoa. Tamén para outras familias que viven o mesmo problema, para dicirlles que os seus fillos poden facer todo o que queiran"; engade.

Actualmente, Diversamente conta cun total de cen familias entre as que se atopan nenos, adultos e mozos con trastornos autistas en diferentes graos. A Asociación ten a súa sede en Cagliari, Sardeña.

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom