Sigüeiro-Santiago

1 valoracións
15
19
12
Información
Últimos pasos hacia la Catedral

Últimos pasos hacia la Catedral

O Camiño toca ao seu fin. A última etapa do itinerario Inglés discorre enteiramente por terras de Santiago de Compostela ao pasar a ponte do Tambre. Son 16 quilómetros para saborear en cada zancada, pois o peregrino agarda outear tras cada valgada a lindeira urbe compostelá e a inconfundible silueta da súa catedral. Probablemente ese sexa o maior aliciente, tendo en conta de que se trata dun percorrido con escasos referentes patrimoniais ou arquitectónicos ata, obviamente, a entrada no miolo da capital galega, cuxo centro histórico ostenta o título de patrimonio da humanidade da Unesco pola súa beleza, integridade monumental e significación espiritual.

Sobre o terreo, é unha xornada de dificultade media, aínda que breve en distancia. Pisa o romeu asfalto e terra ata os últimos 4 quilómetros, cando se interna no núcleo santiagués polos seus viarios urbanos. Contadss ramplas, de moderada pendente, pon a proba as pernas tras días de camiñada, aínda que non faltará sombra ou acubillo para recobrar forzas. Tampouco puntos de avituallamiento, salpicados ao pé da estrada nacional, paralela ao trazado xacobeo.

A etapa (16 quilómetros)

A definitiva xornada do Camiño Inglés comeza en Sigüeiro, capital do concello de Oroso. Ao non dispor de albergue nin doutras instalacións públicas por un conflito económico entre Administracións, o peregrino inicia a ruta desde algún dos aloxamentos do municipio, onde os bares da estrada N-550 abren ben cedo para ofrecer almorzos. En calquera caso, o punto de partida sitúase no reducido núcleo urbano, aceptablemente dotado de establecementos e servizos básicos, aínda que só un dos locais céntricos ofrece camas (a pensión Hermanos Miras).

Recentemente iniciada a marcha, crúzase a ponte de orixe medieval (século XIII) sobre o río Tambre. Inmediatamente vírase á esquerda (xunto ao estanco) para enfilar unha lixeira subida ata a igrexa de San Andrés de Barciela e o cemiterio, no lugar de Albeanas. A ruta segue paralela á canle ata unha pista que se toma á dereita. Tras un ascenso sen demasiada enxunlla, a senda, aínda de asfalto, atopa unha bifurcación fronte a un vello muro de pedra. Tómase á esquerda e a continuación crúzase a estrada AC-250 para entrar nunha zona de monte a través dun camiño ancho de terra e pedra. Ten un inicio duro, cunha pronunciada subida, e non abundan os sinais do Camiño. No entanto, os sucesivos cruces na armazón de pistas forestais están visiblemente balizados.

Máis adiante, a senda discorre paralela á autoestrada AP-9, ata que a cruza por un paso inferior que, en días chuviosos, pode estar moi enlamado. A continuación, unha breve incursión nunha vía asfaltada transita xunto a un núcleo de casas, pero entra acto seguido noutra pista forestal ata chegar ao lugar de Marantes, próximo á estrada nacional. Alí hai un bar e un hotel (hotel San Vicente), aínda que para chegar a eles haberá que desviarse uns 300 metros (á dereita) do trazado xacobeo.

A Nosa Señora de Agualada

Aínda en paralelo á N-550, alcánzase o cruceiro e a ermida de Nosa Señora de Agualada. Desde ese pequeno templo vese xa a estrada nacional sobre a que se traza o itinerario uns 100 metros. Aínda que o sinal indicativo do Camiño está alén da calzada, non é necesario cruzala, xa que a senda se desvía por un acceso na marxe esquerda da nacional. Crúzase entón por un paso subterráneo que conduce a un muíño, próximo á coñecida como fonte do Inglés (10 quilómetros á catedral). Deseguido se toma á esquerda, novamente en paralelo á nacional, aínda que agora á esquerda do peregrino e con firme de terra. O trazado xacobeo orixinal que practicamente seguía desde alí a liña da N-550 foi modificado no 2012, polo que as mouteiras indican actualmente unha ruta distinta ata chegar ao polígono industrial do Tambre. Segundo a nova disposición, o Camiño mantense por pistas de terra, baixo a ponte da vía do tren e por outro a continuación sobre o pequeno río Sionlla, e pasa despois polo lugar do Barral. Superado ese termo, alcánzase a área industrial pola estrada de Garabal, que desemboca no viario de Galileo, xa dentro do polígono do Tambre; un treito pouco, ou nada, agradecido visualmente, aínda que esprint final cara á esperada e bela Compostela.

Ermita de Nuestra Señora de Agualada

Ermita de Nuestra Señora de Agualada

Xusto ao acceder á zona empresarial, tópase o viaxeiro co Café Bar Polígono, onde serven almorzos e comidas a bo prezo. Tamén conta con máquinas expendedoras de bebidas na porta. Desde alí crúzase a área industrial en liña recta, superando dúas rotondas ata pasar por diante do amurallado cemiterio de Santiago, onde comeza a rúa das Mulas. O percorrido atopa despois a rúa Tambre, en cuxa intersección hai bares e parrilladas. Uns pasos máis adiante, a man dereita, hai unha farmacia. É a entrada na zona urbana de Compostela e apenas restan xa uns centos de metros para adiviñar a catedral. A nova localización de mouteiras, anteriormente citada, implica tamén nese treito un desvío da ruta orixinal, que discorría por Meixonfrío, punto onde existía unha venda onde se refrescaban peregrinos e viaxeiros. Pero, seguindo o itinerario vixente, déixase a rúa Tambre cun xiro á dereita pola rúa do Río . É unha zona residencial con rúas ordenadas en cuadrícula, aínda que non será necesario entrar por ningunha delas, senón que haberá que remontar unha pendente duns 100 metros para virar acto seguido á esquerda, circunvalando a urbanización pola rúa Camiño do Vilares. En leve costa abaixo, debúxase por fin ante o peregrino o perfil do templo, a algo menos de dous quilómetros de distancia. Un brusco xiro á esquerda guía os pasos pola rúa Guadalupe ata uns banzos xunto á Ponte Mantible, acueduto medieval mandado construír polo arcebispo Diego de Xelmírez no século XII a fin de abastecer a cidade ante a puxante chegada de peregrinos e comerciantes.

Cruzando o parque Fermín Bouza por un carreiro, alcánzase a avenida de Castelao, nas inmediacións de San Caetano, sede administrativa do Goberno galego, e o monumento ao peregrino do escultor José María Acuña.

Da avenida Castelao vírase á dereita pola avenida de Xoán XXIII ata a rúa de San Francisco (esquerda) para entrar xa na praza do Obradoiro, aos pés da esplendorosa catedral de Santiago. É o final do Camiño, pero aínda queda moito máis por descubrir na cidade, non sen antes cumprir co ritual de deterse ante o impoñente templo, validar a merecida credencial compostela e fundirse nun abrazo co Apóstolo no altar maior da catedral.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
Sin avatar
Macarena Inés Yemes 15/12/19 14:07:55
02
¡Buenos días a todos peregrinos!
¿Alguno sabe en qué parte puedo empalmar el Monte de Gozo en el Camino Inglés?
Muchas gracias y Buen Camino
0 2
Sin avatar
Macarena Inés Yemes 21/09/2020 02:53:20
0
Muchísimas gracias por tu respuesta. Si la pandemia me permite, próx julio estaré allí

gracias! y Buen camino
0
Sin avatar
Irahc 08/01/2020 20:44:16
1
Desde Formaris, Sionilla de Arriba, Reboredo, O Castro, San Marcos, Monte do Gozo o poco antes de la Maderera, en la N-550, dejando al OEste el Poligono comercial y al Este O Castro y a San Marcos. Deberías llevarlo marcado. Son unos 5 km pero conviene marcarlo para no dar vueltas o bien ir preguntando.

Desde Formaris,...

Desde Formaris,...


Detalle

Detalle

1
Sin avatar
Aaron Gaallegos Martinez 30/08/19 19:53:16
01
yo llego a Coruña donde puedo registrarme para que me den la credencial de peregrino, para despues hacer la compostela los kilometros faltantes los puedo hacer en otro tramo del mismo camino, y como es la logistica, pues deconozco lo referente a la experencia
0 1
Sin avatar
Irahc 31/08/2019 01:44:12
1
En A Coruña hay varios puntos, como la oficina de turismo, la oficina del Peregrino y la Iglesia de Santiago.

Te haces acreedor a la Compostela exclusivamente si recorres a pie los últimos 100 km (200 km en bici) hasta Santiago de Compostela. En el caso del Camino Inglés desde A Coruña no se cumple el criterio de distancia porque hay menos de 100 km porque tiene poco más de 70 km, sin embargo el Cabildo de la Catedral acordó a finales de 2016 concederla exclusivamente en 2 supuestos:


    A quienes acreditan haber hecho previamente parte del Camino en sus países o regiones de origen. Y se entiende que es, al menos, la distancia que falta previamente a recorrer A Coruña-Santiago.

    A los habitantes de la ciudad de A Coruña y sus alrededores con ciertas condiciones.


Quienes no cumplan cualquiera de estos dos requisitos, dice el Cabildo, recibirán un documento acreditativo de la visita a la Catedral y el sepulcro del Apóstol Santiago. Ese documento que NO es la Compostela.

La Respuesta del Cabildo es clara:

"Respuesta del Cabildo de la Catedral de Santiago a la petición para conceder la Compostela a los peregrinos que vienen al sepulcro del Apóstol Santiago desde A Coruña 22/12/2016

Vista la petición de varias Asociaciones Extranjeras, Cofradías, la Asociación Gallega de Amigos del Camino de Santiago, así como el Concello de A Coruña y varias Instituciones jacobeas, para que se conceda la Compostela a los peregrinos que parten de la ciudad herculina en peregrinación al sepulcro del glorioso Apóstol Santiago, se acuerda, con el Vº Bº del Sr. Arzobispo, que se pueda expedir dicho documento a los siguientes peregrinos:

-Dada la tradición, históricamente documentada, de la llegada de numerosos peregrinos a través del puerto coruñés, se concede la posibilidad de obtener la Compostela a aquellos que, habiendo hecho parte del Camino en sus países o regiones de origen, hagan a pie la distancia que separa el puerto de A Coruña de la Catedral Compostelana.

-Asimismo, a los habitantes de la ciudad de A Coruña y sus alrededores que, devotionis causa, visiten los espacios jacobeos de su ciudad, y hagan el resto de la peregrinación a pie hasta el sepulcro del Apóstol Santiago.

-En lo referente a los peregrinos o caminantes que no reúnan estas condiciones, podrán recibir, sin embargo, el documento acreditativo de haber visitado la Catedral y el sepulcro del Apóstol Santiago."

http://catedraldesantiago.es/respuesta- ... -a-coruna/

En esta misma web de vivecamino.com - y otras especializadas como Eroski y Gronze y alguna más -, se explica bien y fiel a la respuesta del Cabildo solo hay que leerlo con atención.

https://vivecamino.com/si-recorres-el-c ... la-no-345/

Otra enlace fiel a las directrices del Cabildo.

https://www-lavozdegalicia-es.cdn.amppr ... 003_201703G27P24992.htm?amp_js_v=a2&_gsa=1&usqp=mq331AQEKAFwAQ%3D%3D#aoh=15672069768442&referrer=https%3A%2F%2Fwww.google.com&_tf=De%20%251%24s&share=https%3A%2F%2Fwww.lavozdegalicia.es%2Fnoticia%2Fsociedad%2F2017%2F03%2F27%2Fdan-compostela-primeros-peregrinos-parten-coruna%2F0003_201703G27P24992.htm

Ni por asomo, ningún o casi ningún medio de comunicación - se salvan solo los contados con los dedos de una mano y sobran dedos - transcribe esa respuesta de manera fiel y además se copian la mala interpretación de unos a otros.
1
correjaco
correjaco 10/07/16 12:00:12
00
1/5 estrellas
0 0
Ruta relacionada
Localización
Mapa de la etapa
Localidades relacionadas
Perfil etapa
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom