
Capital do Concello de Oroso (7.328 habitantes), Sigüeiro sitúase a beiras do Tambre, limítrofe con Santiago de Compostela
É precisamente esa fronteira natural onde se asenta o elemento máis emblemático do lugar: a ponte medieval, datada do século XIII, aínda que reformada en distintas ocasións sen bo tino.
As desavenencias entre as administracións local e autonómica derivaron nun feito insólito ás portas de Compostela. Sigüeiro non dispón aínda de albergue público e o Concello tampouco facilita instalacións para os peregrinos, á espera de que se dea pronta saída ao conflito.
Por iso, non quedará máis remedio que facer uso do único hostal céntrico da localidade, durmir ao raso ou pasar de longo nun último esforzo ata o final do Camiño.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Sigüeiro de Santiago de Compostela é de 16 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
12°
26/05/2022
cielo despejado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649