Vilalba-Miraz

1 valoracións
12
13
7
Información
El itinerario alcanza el casco histórico de Vilalba

El itinerario alcanza el casco histórico de Vilalba

Da capital da Terra Chá á pequena aldea de Miraz -que apenas merecería un pequeno punto no mapa do peregrino de non ser polo seu albergue- o percorrido non entraña maior dificultade salvo a distancia entre ambas localidades (33 quilómetros).

Xornada larga, polo tanto, aínda que sobre un trazado atractivo, entre bosques autóctonos -algúns desfigurados polos eucaliptais-, pequenas aldeas, pontes medievais, muíños e santuarios. Camiños aínda solitarios, aínda que sempre próximos ás principais vías terrestres que vertebran a bisbarra.

Vilalba, Guitiriz, Begonte, Guitiriz de novo e Friol, fin da planicie chairega. Esa é a cadencia de municipios que atravesa o itinerario, en cuxo ecuador se alza o albergue de Baamonde (Begonte), un dos de maior capacidade do Camiño do Norte.

Sobresae entre os elementos patrimoniais da etapa a igrexa de San Alberte, con ponte e capela góticas, e unha fonte á que a tradición popular atribúe poderes curativos para solucionar problemas de fala.

Os tramos presentan unha sinalización correcta e principalmente discorren por camiños de terra e pistas asfaltadas, se ben comparten algúns treitos coas estradas N-634 e N-VI.

Bares e restaurantes dispostos ás marxes das nacionais farán do avituallamento unha empresa doada, aínda que separados entre eles, na maioría dos casos, por unha presa de quilómetros.

A etapa (33 quilómetros)

De ter pasado a noite no albergue público de peregrinos, a xornada iníciase a un quilómetro do centro urbano de Vilalba. Superada a rotonda, xusto ao abandonar o albergue, haberá que tomar á dereita para cruzar a estrada pola ponte peonil e, deseguido, efectuar un xiro completo pasando por debaixo deste, encamiñándose a unha pista de terra. Esa senda leva o romeiro ao núcleo vilalbés, onde achará, recén internado nel, un supermercado e unha cafetaría. Obviamente, abonda con continuar uns centos de metros para toparse con todos os servizos que ofrece a capital da Terra Chá.

Sen desviarse da avenida principal, a rúa da Pravia, xorden os referentes patrimoniais da cidade; a torre defensiva dos Condes de Andrade -convertida en Parador cando Manuel Fraga, veciño da vila, era ministro de Información e Turismo da ditadura- e a igrexa de Santa María, erixida no XIX sobre o antigo templo románico. Ambos os dous elementos están dispostos arredor da praza Suso Gayoso, centro neurálxico da poboación. Tomando como referencia ese espazo, que se deixa á esquerda do itinerario, tómase á dereita, en baixada, pola rúa Conde Pallarés, pasando xunto á capela de San Roque e o mesón-restaurante Domingo Campo.

Antes de alcanzar a estación de servizo Repsol, xírase á dereita, seguindo a pendente favorable, para saír xa da zona urbana e dirixir os pasos cara á canle do río Magdalena. Precaución alí os ciclistas, pois o descenso ata o río transcorre por un estreito sendeiro minguado en boa parte pola maleza.

O itinerario cruza o río Magdalena pola ponte dous Pasos, xunto ao muíño do mesmo nome. O edificio encóntrase nun estado lamentable, aínda que no seu interior aínda se conservan as moas e parte da infraestrutura que o facía funcionar. Malia o abandono do muíño, a zona preséntase moi ben acondicionada, e é punto de partida de rutas fluviais, de feito, o Camiño segue paralelo á canle por un agradable paseo ata que se desvía, á dereita e en suba, por unha pista de asfalto.

A medieval Ponte Rodríguez

Rompe logo a proximidade da autovía A-8 o silencio que acompaña dende o río ao peregrino, que chega a un cruzamento de camiños algo confuso, ao acharse o marco semioculto entre as herbas e a sombra dunha árbore solitaria, a uns 20 metros da intersección. Avanza pois en dirección ao viaduto da autovía, baixo o que pasa o trazado xacobeo. E dos modernos piares de formigón, a ruta dá un salto no tempo para alcanzar a medieval Ponte Rodríguez, que salva o río Trimaz, ao acubillo de carballos, ameneiros e bidueiros. A ponte foi rehabilitada no 2002 pola Escola Obradoiro do Camiño de Santiago.

Xira a continuación á dereita, en suba, por unha senda de certa dificultade en bici polo firme empedrado e o barro, especialmente con chuvia. Atravesa varios casais de arquitectura tradicional nos que se instalou o feísmo en forma de ladrillo. Pertence ese tramo á parroquia de Boizán, onde o peregrino divisará por última vez o núcleo de Vilalba, xa dous quilómetros atrás.

Primeiro avituallamento

A ruta mantense solitaria, salpicada por algunha que outra casa e a antiga escola unitaria -agora telecentro da parroquia- ata que encontra novamente a A-8 e entra, deseguido, na parroquia de Alba. Alí coinciden por enésima vez o itinerario e a N-634, á altura da igrexa de San Xoán de Alba e o seu cemiterio, tamén de estilo neogótico, tal e como imperan na bisbarra. Atención neste punto! Moitos romeiros continúan erroneamente a marcha xunto á igrexa, cando o correcto é seguir pola estrada nacional para desviarse á dereita a uns cen metros. A pouca distancia do cruzamento onde se ergue o templo, a uns pasos en realidade, localízase o café bar Casa Cascudo. É o primeiro local que topa o romeiro nos cinco quilómetros que leva de etapa, así que a parada é máis que probable. Dispón de tenda de ultramarinos e ofrece un copioso menú do día por 8 euros.

Paralela á N-634, a senda chega ao lugar da Torre (26 quilómetros a Miraz) e avanza, a liña seguida, sobre un treito dificultoso debido ao mal estado do firme e a plétora espesura. Salvado ese escollo, enlaza de novo coa estrada nacional, xunto ao segundo establecemento do itinerario: o café bar Alejandro (bocadillos por 2-3 euros).

Unha puntada máis á costura que tece a derrota xacobea sobre as vías modernas leva ao romeiro a salvar, ata en dúas ocasións case consecutivas, a A-8, primeiro por un paso baixo, tras o cal se aventurará na ponte medieval de Saa, sobre a canle do río Labrada.

Superada a canle, espera outra incursión na N-634 antes de deixar os dominios de Vilalba para dar paso ao Concello de Guitiriz. De feito, o peregrino cruza a nacional na parroquia de San Bartolomeu de Insua, última pertencente ao municipio vilalbés.

Fugaz internada en Guitiriz

Por paso de terra, bordeando plantíos, intérnase o Camiño no concello de Guitiriz, tal e como indica un cartel limítrofe con información útil para o peregrino. É a parroquia de San Pedro de Pígara, onde muda o firme terroso por asfalto, nos lugares de Penas e Casasnovas. Chega a un cruceiro que marca a proximidade da igrexa parroquial e o seu cemiterio, visibles dende o itinerario, que continúa cara ao lugar da Estrada. Alí xira á esquerda, non obstante, a uns cen metros do desvío, na marxe da nacional, hai un bar e casa de comidas: A Revolta.

Ayuntamiento de Guitiriz

Ayuntamiento de Guitiriz

Cruza a continuación a N-634 e pasa baixo os dous carrís da A-8 no lugar de Ferreira. Precaución despois desa referencia, xa que a senda comparte case dous quilómetros coa estrada nacional, ata que se desvía desta, á esquerda, por pista de terra.

Toca xa cambio de concello. Da fugaz internada en Guitiriz pásase ao concello de Begonte, polas localidades da Rega e Baamonde, esta última, punto de referencia por ser enclave do albergue de peregrinos e con certos servizos para o viaxeiro.

Para acceder a Baamonde (15 quilómetros a Miraz / 41 a Sobrado) é preciso xirar á esquerda ao chegar ao tanatorio da localidade. En lixeira costa abaixo, alcánzase o núcleo de Baamonde, onde ademais do albergue -antiga parada de postas- hai bares, restaurantes, supermercado, farmacia, taxis e banco, entre outros servizos.

O Camiño do Norte entronca na citada localidade coa nacional VI, coa que comparte uns dous quilómetros, paralelos á vía do tren. Precaución, polo tanto. Pero antes de deixar atrás o núcleo, o viaxeiro pasa xunto á igrexa románica de Santiago de Baamonde, un templo iniciado no século IX e custodiado no adro por un rechamante calvario de tres cruceiros.

Á saída da poboación localízase unha estación de servizo, que conta con restaurante e hostal (A Ruta Esmeralda), alternativa de aloxamento de estar saturado o albergue.

Espazo natural xunto ao santuario de San Alberte

Completados os dous quilómetros sobre a calzada da N-VI, intérnase de novo a senda no Concello de Guitiriz, pola parroquia de Sambreixo de Parga e, concretamente, no lugar de San Alberte. Deixa a estrada nacional cun desvío á esquerda, cruzando a vía do tren e unha ponte gótica sobre o río Parga, dirixindo os pasos cara a un lugar idílico: o santuario de San Alberte. A capela, datada do XIV, está emprazada nun fermoso espazo natural. Vetusto; solitario; á sombra de especies autóctonas; evocador do medievo... o encanto da zona invita a uns minutos de descanso, refrescado pola fonte de dous canos labrada en pedra. Non virá mal un lixeiro repouso, pois a paraxe torna tan bela como tortuosa para as pernas, especialmente no caso dos ciclistas. Sobe dende o santuario por unha verea encaixada na pedra, a xeito de chanzos naturais, que obrigará a apearse da bicicleta. O treito anuncia o próximo fin da Terra Chá, entre carballeiras alienadas por plantacións de eucalipto e as cada vez menos frecuentes planicies.

Aínda na parroquia de Sambreixo, alcánzase o lugar de Bandoncel, xa por pistas de asfalto. Pouco máis adiante, no lugar de Eirexe, achará o peregrino unha venda a uns 250 metros da ruta xacobea; o hostal albergue Deva Natural-Mente (cuarto dobre con almorzo, 15 euros).

Avanza polo lugar de Caínzos, onde deixa á esquerda un estoico palco de orquestra, de ladrillo e cemento, alguacil do campo da festa. Intérnase o itinerario por camiños de terra e pedra que derivan no lugar de Digañe, primeiro, e Raposeira, despois, ambos os dous pertencentes á parroquia de Santa Locadia de Parga (Guitiriz). Outro palco coroa o núcleo de casas en Raposeira, xunto ao campo da festa do lugar (para visitar a igrexa haberá que desviarse á dereita do itinerario).

O camiño continúa á esquerda por unha estrada local cara ao lugar de Carbelledo (6 quilómetros a Miraz), onde se sitúa o Punto de Apoio ao Peregrino, un acolledor café rústico onde o viaxeiro poderá avituallarse e acceder gratuitamente á súa conexión de Internet.

O seguinte lugar, Aldar. Sorprenderá ao camiñante un posto de artesanía dedicado á peregrinación (peregrin@rte). Bastóns, vieiras, caxatos, panos... co valor engadido de tratarse de produtos ecolóxicos, "co fin de non danar o marabilloso ámbito onde son realizados", tal e como defenden os seus responsables.

Déixase atrás definitivamente a bisbarra da Terra Chá coa entrada no municipio de Friol, á altura da área recreativa de Seixón. Chega á aldea do mesmo nome, no cruzamento coa estrada provincial LU-P-2101. Alí encontra o romeiro outro bar (Mesón O Cruceiro) fronte a un cruceiro de bela talla. Pódese visitar a igrexa románica de San Paio, do século XII, á esquerda do itinerario.

Poucos metros máis adiante, en costa abaixo, localízase outro establecemento (bar Reche), o último ata alcanzar a xa próxima aldea de Miraz.

Baixa o trazado xacobeo polos lugares de Subcampo e Lagoa, onde xa hai indicacións cara á situación do albergue.

Cun xiro á esquerda, xunto a unha granxa, encamíñase o itinerario por outra provincial (LU-P-2113) á ponte Leixoso, que cruza de novo o Parga. Antes de poñer fin á etapa, o Camiño garda un desvío á dereita por un paso de carro que conclúe nas murallas da torre de Miraz, parte principal do pazo, antiga fortaleza do século XV pertencente á casa dos Saavedra. Os seus herdeiros viven alí, e unha placa disuasoria advirte do carácter "Privado" da histórica edificación.

Só quedan uns pasos para chegar ao albergue de Miraz (25 quilómetros a Sobrado), xestionado por hospitaleros voluntarios, xeralmente de orixe británica e pertencentes á confraternidade de Saint James. O albergue instalouse coa axuda desa irmandade na antiga casa reitoral.

Non conta a poboación con máis servizos que os que ofrece o bar Parada, un establecemento de toda a vida rexentado pola infatigable Pilar. Dispón dunha pequena tenda con produtos básicos e prepara o que faga falta; unha tortilla, un bocadillo... Abre as súas portas ás 07:30 horas para ofrecer almorzos aos romeiros.

En bici

Santuario de San Alberte

Santuario de San Alberte

Só un puñado de tramos poñerán en xaque aos ciclistas. O máis complicado é o que conecta a capela de San Alberte con Baldoncel (Guitiriz). A alternativa é seguir pola estrada asfaltada -antes do camiño de terra cara ao santuario- ata encontrar as frechas amarelas que o devolverán ao itinerario.

A alternativa aos tramos anteriores é a N-634, sempre próxima ao Camiño ata Baamonde. Dende alí, pódese transitar a N-VI ata Parga, se ben a comodidade do trazado non require aventurarse á transitada calzada.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente
Sin avatar
José Luis González Farelo 09/08/16 19:38:45
00
No hay etapa Vilalba -Miraz la etpa 30 es Vilalba-Baamonde y la 31 es Baamonde Sobrado Miraz no es fin de etapa es solo zona de paso
0 0
baamonde
baamonde 17/07/16 12:19:10
21
ETAPA INCORRECTA! 8)

Etapa: Vilalba-Baamonde | Etapa: Baamonde - Sobrado

0
2 1
Sin avatar
José Luis González Farelo 09/08/2016 19:41:34
0
ES correcto la etapa Vilalba-Baamonde es la 30 y Baamonde-Sobrado es la 31 miraz no es fin de etapa es solo zona de paso
0
correjaco
correjaco 12/07/16 07:56:02
11
Camino de Friol

Camino de Friol

1 1
Sin avatar
José Luis González Farelo 09/08/2016 20:12:05
1
Etapa 30 Vilalba -Baamonde , Baamonde -Sobrado etapa 31.Desde Baamonde hay poco más de 100 km a la Plaza del Obradoiro, son los km mínimos para conseguir la COMPOSTELA , Y por eso Baamonde es punto de salida de muchos peregrinos.

It might be useful to the pilgrims of the WAY OF SANTIAGO to get to know Baamonde, end of stretch of the NORTH WAY and also the beginning for many of them, because from Baamonde required 100 kilometres are completed to get the COMPOSTELA
1
correjaco
correjaco 06/07/16 19:44:42
10
4/5 estrellas
1 0
Ruta relacionada
Localización
Mapa de la etapa
Localidades relacionadas
Perfil etapa
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom