
Capital da Terra Chá. Meca do capón e o queixo de San Simón.
Antiga vila señorial, fidalga, fincada sobre unha terra agraciada con incontables mananciais e augas medicinais, na encrucillada de camiños vixiados pola Torre dos Andrade. As orixes de Vilalba, segundo estudos locais, remóntanse ao Paleolítico, aínda que consta referida como tal en documentos que datan do século VI.
Cabeza dun Concello integrado por case unha trintena de parroquias, a súa poboación mantense por baixo dos 16.000 habitantes, dos cales unha terceira parte reside no centro urbano. Vítima, como a gran parte do interior galego, da recesión demográfica e a caída en picado do sector primario, a pedra angular da economía da comarca, Vilalba rodeouse dun considerable tecido empresarial ao amparo da industria agroalimentaria, madeireira e hostaleira, principalmente. Sede administrativa e social, en pleno centro da provincia de Lugo, presenta unha nutrida oferta de servizos, a máis ampla desde Ribadeo ata Arzúa.
En Vilalba hai praia... fluvial. A zona acondicionada con achega artificial de area está integrada na área recreativa e parque acuático do río Magdalena.
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Vilalba de Santiago de Compostela é de 120 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
2°
06/12/2023
moi nubrado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649