Ferrol

Localidad

1 valoracións
20
15
16

Albergues e Aloxamentos Ferrol

Hotel Almendra ©Street View

Hotel Almendra ©Street View

O Concello de Ferrol dispón dun albergue público de peregrinos, aínda que a súa localización, a 9 quilómetros do inicio da ruta, na parroquia de Covas, non facilita o acceso aos usuarios, que se verían obrigados a tomar un taxi ou un bus (liña 40) para evitar a camiñada.

O albergue é gratuíto aínda que se aceptan donativos por pasar a noite. Dispón de18 prazas en liteiras, cociña, baños, auga quente, comedor e fundas para as camas. Un grupo de veciños voluntarios puxeron en marcha, e xestionan, o albergue desde o 2009. A fin de ofrecer algunha alternativa atractiva aos peregrinos, os impulsores da iniciativa sinalizaron unha ruta costeira cara ao porto de Ferrol para percorrer a pé a senda ata o inicio do Camiño en Curuxeiras.

Como alternativa ao albergue público, no centro da cidade a oferta de hoteis, hostais e pensións é ampla e de prezos diversos. Os aloxamentos máis céntricos son o hotel Carrís Almirante, o hotel residencia El Suizo ou o hotel Hesperia Ferrol. Máis económicos, o hotel Almendra ou o hotel América, ou ben pensións como Casa Ángel ou O Cairo.

Albergues e aloxamentos de Ferrol (1)

O tempo en Ferrol

10°

26/04/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil981 314 403 - 981 314 524
  • Policía local981 944 092
  • Protección Civil981 320 000
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom