Melide

Localidad

1 valoracións
7
10
6

Albergues e Aloxamentos Melide

Chiquitín Melide ©Street View

Chiquitín Melide ©Street View

Debido ao seu tamaño e oferta de servizos, moitos camiñantes deciden pasar a noite en Melide. No propio núcleo urbano áchanse un albergue público e tres privados. Os peregrinos que sigan o Camiño atoparanse primeiro co albergue O Cruceiro, moi céntrico, e levantado sobre un edificio antigo, o que aumenta o seu encanto. Tras atravesar o casco antigo chegan ao albergue público, un refuxio de 800 metros cadrados e que se presenta como un dos que máis prazas ofrecen no Camiño Francés, con 156.

Nas súas proximidades áchase o outro albergue privado, O Apalpador, de recente construción e ambiente familiar, pequeno pero funcional. Un que aínda abriu en maio do 2013 é o de Pereiro, situado na zona centro. No verán, época de maior afluencia de camiñantes, o concello tamén habilita o Palacio de Congresos para que se poida descansar nel.

De todos os xeitos, esta opción tan só está dispoñible para os grupos de máis de 30 persoas. Débese reservar neste email: cultura@concellodemelide.org. Como aloxamento alternativo no municipio, hai varios hoteis e, sobre todo, diversas pensións acolledoras. Algunhas delas poderían ser a Pousada Chiquitín (nas inmediaciones do albergue público) ou Berenguela, no centro do pobo. Para aqueles peregrinos que prefiran descansar da ruta nun lugar con encanto, antes de chegar a Melide, no lugar de O Coto, localízase a Casa Rural dos Somozas, un lugar moi recomendable para durmir e almorzar.

Albergues e aloxamentos de Melide (3)

O tempo en Melide

14°

20/04/2024

generalmente soleado

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil981505007
  • Policía local610673767
  • Protección Civil670498848
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom