
Capital dunha das sete antigas provincias do Reino de Galicia, Mondoñedo reúne un dos conxuntos histórico-artísticos máis relevantes do Camiño do Norte.
A cidade episcopal descansa no val formado polas serras de Lourenzá, A Toxiza e os montes de Enfesta, terra de abundantes asentamentos castrexos. Conserva restos de calzadas romanas e bronces de Marco Aurelio e Adriano, pegada da colonización. Pero o verdadeiro auxe de Mondoñedo prodúcese en 1117, cando se instala a sede da diocese en Vilamaior. Corenta anos despois, o rei Alfonso VII eleva a vila á categoría de cidade.
Nin o empeño do sucesor Fernando II por trasladar a sede a Ribadeo puido co cabildo mindoniense, que unhas décadas despois recuperou a diocese. Vinda a menos tras o apoxeo industrial do XIX e a perda de competencias administrativas, a cidade mantívose como referente educativo e cultural ao longo da historia, destino de novos seminaristas formados en Santa Catalina. Pero o Real Seminario pasa por horas baixas. Co fin de curso do 2013, o centro suspendeu a súa actividade docente, un feito insólito desde a súa fundación en 1583.
A urbe é a cabeza dun Concello integrado por 14 parroquias, cuxa poboación non excede os 5.000 habitantes. Ben provista de servizos, vale a pena planificar a etapa cunhas horas de esparexemento para deterse na cidade na que tamén o fixo o tempo.
Mondoñedo é berce de ilustres. Nas súas rúas criouse o compositor Pascual Veiga (1842-1906), creador de obras tan populares como Alborada galega ou a música do Himno de Galicia. Tamén os escritores Noriega Varela (1869-1947) e Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Se estás a percorrer o Camiño de Santiago ou estás a planificar facelo proximamente, debes saber que a distancia que separa Mondoñedo de Santiago de Compostela é de 160 quilómetros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
8°
04/12/2023
chuvieiro
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649