Mondoñedo

Localidad

1 valoracións
1
1
1

Servizos en Mondoñedo

Mondoñedo ©Panoramio /© xeima

Mondoñedo ©Panoramio /© xeima

A carteira de servizos na capital mindoniense non bota en falta recursos para o peregrino. Cobre as necesidades sanitarias de primeira instancia co centro de saúde (Rúa José María Pardo, 32), un posto da Cruz Vermella (N-634) e dous centros de fisioterapia.

As oficinas bancarias concéntranse no centro urbano: Banco Gallego (rúa Progreso, 12); Banco Pastor (rúa Andrés Baamonde, 1); Banesto (rúa Progreso, 20); BBVA (rúa Progreso, 19) e Novagalicia Banco (praza do Concello). Conta con comercios téxtiles e zapatería, e un pequeno taller de reparación de calzado (rúa Cándido Martínez). Media ducia de tendas de alimentación, unha ferraxería (praza da Catedral) e a oficina de Correos (rúa Concepción, 15) completan os servizos básicos.

Mondoñedo conta ademais cun Centro de Interpretación e Información do Camiño do Norte, emprazado na segunda planta do edificio do século XVIII que aloxa o Centro Comarcal da Mariña Central. O viaxeiro atopará alí exposicións e documentación histórica sobre o Camiño e a peregrinación a Compostela. A oficina municipal de Turismo localízase na praza da Catedral (982507177 | mondonedoturismo@yahoo.es)

Servizos en Mondoñedo (6)

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

O tempo en Mondoñedo

10°

25/03/2019

few clouds

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil982521905
  • Policía local982507040
  • Ultramarinos
  • Protección Civil629435373
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolvido por Hyliacom