O Camiño Francés atravesa a provincia da Rioxa ao seu paso pola etapa que vai dende Logroño ata Nájera. A ruta transcorre por un centro histórico de claro pasado xacobeo, Navarrete. Ten varios puntos de interese con moito valor histórico. É o caso da Igrexa da Nosa Señora da Asunción, que foi declarada Ben de Interese Cultural en 2020.
Esta igrexa parroquial foi construída entre os séculos XVI e XVII, polo que se enmarca no estilo arquitectónico renacentista, aínda que tamén presenta elementos barrocos. Na súa construción participou un recoñecido arquitecto, Juan de Vallejo. Foi o mestre principal da catedral de Burgos, e propuxo algunhas solucións arquitectónicas pioneiras na Rioxa. A súa construción comeza en 1533, e non se rematou ata 1645.
Presenta unha fachada renacentista e tres naves de diferente altura, todas cubertas con bóvedas de crucería. Ademais, hai varias capelas laterais que destacan polas súas pouco convencionais columnas corintias e as súas bóvedas de canón e forno.
O que máis destaca desta igrexa, con todo, é o interior. A igrexa da nosa Señora da Asunción de Navarrete contén un retablo barroco de finais do século XVII. Desde o chan ata o teito da ábsida, o altar maior está cuberto de relevos dourados e figuras policromadas. Este retablo é único, pola súa antigüidade e tamaño.
Esta igrexa ten un gran valor histórico e cultural, destacado tamén polo seu excelente estado de conservación. É unha visita fundamental ao cruzar as murallas de Navarrete, para coñecer a importancia desta vila na Idade Moderna.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
11°
22/09/2023
cielo despejado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649