Reportaxe

O Camiño mes a mes: Cantos peregrinos o percorreron?

Actualizamos cada mes os datos de peregrinos que foron rexistrados na súa chegada a Santiago durante 2020.

Peregrinos en el Camino de Santiago - PxHere

Peregrinos en el Camino de Santiago - PxHere

O Camiño de Santiago ten gran cantidade de roteiros que percorren miles de persoas de forma anual. Aínda que é certo que as máis exitosas son as tradicionais, como o Camiño Francés e o Camiño Portugués, cada vez son máis os peregrinos que elixen experiencias menos  masificadas e optan por outros camiños como o Primitivo ou o do Norte. Mesmo camiños ou roteiros menos coñecidos pero que igualmente levan a gran cantidade de persoas ata Santiago desde o leste ou sur da península: o Camiño de Santiago Aragonés, a Vía da Prata, etc. 

Sexa cal for o roteiro elixido, o certo é que os peregrinos chegan todos a Santiago de Compostela, a visitar a catedral e a Praza do Obradoiro. Xunto a estes monumentos e ao famoso Parador atópase tamén a Oficina do Peregrino, onde os peregrinos de todo o mundo reclaman a tan ansiada Compostela. É aquí onde se recollen todos os datos dos viaxeiros, realizando un censo oficial todos os meses do ano.

Por suposto, os datos da Oficina do Peregrino permítennos saber moitas cousas das persoas que realizan o Camiño de Santiago, como os roteiros máis elixidos, a porcentaxe de homes e mulleres, o método para percorrer o Camiño máis usado, etc. Podes ler máis datos oficiais da Oficina do Peregrino durante 2019 aquí.

Cantos peregrinos percorreron o Camiño mes a mes? (2020)

Neste apartado actualizaremos de forma mensual e con datos oficiais da Oficina do Peregrino os peregrinos que mes a mes (en 2020) vanse rexistrando e probasen que realizaron o Camiño de Santiago. Como sabedes, as condicións para obter a Compostela son as seguintes: Facer a peregrinación por motivos espirituais ou, polo menos, con actitude de procura, facer a pé ou dacabalo os últimos 100 Km ou os últimos 200 km en bicicleta; e reunir selos dos lugares polos que se vai pasando na Credencial do Peregrino.

  • Peregrinos en xaneiro de 2020 - (Por determinar)

Cantos peregrinos percorreron o Camiño en 2019 mes a mes?

Para saber como de ben crece o Camiño de Santiago mes a mes, debemos comparar os datos de 2020 con respecto a 2019. Debemos aclarar que o Camiño de Santiago é unha actividade especialmente estacional, con apenas un par de miles de peregrinos os meses de inverno, por con decenas de miles de peregrinos percorrendo os roteiros na primavera, verán e parte do outono. Por iso hai moita variación nos datos dunha época do ano a outra. O que si debemos mirar é que, se todo vai segundo o planeado e o Camiño crece, os datos mensuais sexan mellores en xeral con respecto ao ano anterior. Estes son os peregrinos que percorreron o Camiño en 2019 mes a mes:

  • Peregrinos en xaneiro 2019 - 1651 (Homes: 1088 | Mujeres: 563)
  • Peregrinos en febreiro 2119 - (Homes: 1245 | Mujeres: 874)
  • Peregrinos en marzo 2019 - 7474 (Homes: 3922 | Mulleres: 3552)
  • Peregrinos en abril 2019 - 31721 (Homes: 15209 | Mulleres: 16512)
  • Peregrinos en maio 2019 - 46672 (Homes: 22510 | Mulleres: 24162)
  • Peregrinos en xuño 2019 - 49057 (Homes: 24338 | Mulleres: 24719)
  • Peregrinos en xullo 2019 - 53319 (Homes: 25779 | Mulleres: 27540)
  • Peregrinos en agosto 2019 - 62814 (Homes: 31359 | Mulleres: 31455)
  • Peregrinos en setembro 2019 - 45649 (Homes: 20746 | Mulleres: 24903)
  • Peregrinos en outubro 2019 - 36115 (Homes: 17315 | Mulleres: 18800)
  • Peregrinos en novembro 2019 - 8237 (Homes: 4575 | Mulleres: 3662)
  • Peregrinos en decembro 2019 - 2710 (Homes: 1685 | Mulleres: 1025)
Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom