Pamplona

Localidad

1 valoracións
6
5
2

Restaurantes en Pamplona

Pamplona - Bar Xante ©Panoramio Malko

Pamplona - Bar Xante ©Panoramio Malko

Por norma xeral, os prezos de Pamplona son algo superiores aos doutras grandes localidades do Camiño. A oferta é extraordinaria e os produtos navarros son de calidade excepcional. É complicado topar con algún local que intente dar gato por lebre. E, como en calquera gran cidade, aínda que a noite anterior teña sido longa, as súas cafeteiras comezan a soar desde primeira hora do día. Para os padais máis exquisitos, a panadería A Tahona (Leyre, 10; 948 207 977), moi preto da praza de touros, ten bo produto.

Por desgraza, a churraría Mañueta, en plena zona vella, só abre as súas portas durante a semana de festas. Con máis dun século de vida, churros exquisitos elaborados á vella usanza. Vale a pena esperar a cola. Pamplona, como capital de Navarra, conta coa mellor representación dos produtos da terra. As pochas de Sangüesa, o gorrín asado (frégase o leitón con allo en cru para logo introducilo nun forno ben quente), os pementos do piquillo (sos ou recheos) chegados das ribeiras do Ebro e o Ega, os espárragos de Mendavia ou a chistorra.

Para acompañar, nada mellor que un bo viño de Olite. Na sobremesa, bolas de txantxigorri (roxóns), roscas bendicidas por san Blas, queixos do roncal, callada, leite frito e un longo etcétera. Para non sentirse como un forasteiro é indispensable pór punto final á comida compartindo unha botella de pacharán, licor obtido da maceración do abruñeiro. A oferta de locais nos que gozar da gastronomía navarra -comunidade coñecida como o reuno da boa mesa- é ampla e variada.

Cabe a posibilidade de buscar un menú peregrino, comer á carta ou peteirar saltando de barra en barra. Os restaurante La Viña (Jarauta, 8; 948 221 499) e Sarasate (San Nicolás, 19-21; 948 225 727) traballan con menús do peregrino con prezos sobre os 10 euros. Os orzamentos con máis posibilidades teñen unha excelente oportunidade para gozar da boa mesa. A cociña tradicional é maioritaria, aínda que algúns restaurantes, como o Rodero, están a romper barreiras. O restaurante do hotel La Perla goza dun gran prestixio. O café Iruña é un dos sitios máis emblemáticos da cidade. Unha boa opción é saír de petiscos. Unha bebida e un par de tapas en cada bar e deixarase o estómago agradecido.

O tempo en Pamplona

14°

29/03/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil948296850
  • Policía local948420640
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom