Mentres se fai o Camiño de Inverno, non só podemos gozar das paisaxes máis espectaculares da Ribeira Sacra e probar os seus famosos viños, si non que tamén podemos atopar moitas xoias arquitectónicas como o Mosteiro de Santa María de Ferreira, ou como se lle coñece popularmente na zona: o mosteiro das Nais Bernardas. Atópase no concello de Pantón (Lugo), a tan só 15 km da cidade de Monforte de Lemos.
Este mosteiro ten a súa orixe nun cenobio benedictino (un lugar afastado da sociedade onde se retiran os relixiosos), cuxas primeiras referencias documentadas datan do ano 924. A comunidade creceu co paso dos anos, pero acabou caendo no esquecemento ata que en 1175, a condesa Fronilde Fernández concedeulle permiso á orde cisterciense para instalarse alí.
Foi construído e reformado en varias etapas ao longo de varios séculos, e por tanto empregando os diferentes estilos arquitectónicos que predominaban en cada momento, comezando como unha igrexa románica e pasando por etapas góticas e neoclásicas. O mosteiro é un edificio de dous pisos rodeado por unha muralla, e conta cun claustro de dous corpos, con arcos de medio punto, que alberga o sepulcro de Dona Fronilde e o do líder irmandiño Don Diego de Lemos.
O conxunto continúa en activo na actualidade como un mosteiro de clausura e é curiosamente o único de toda Galicia que estivo reservado unicamente a mulleres durante toda a súa historia. As propias monxas estableceron un horario de visitas para todos os días (de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 18:00) e elaboran doces, que os peregrinos poden comprar ao finalizar a súa visita e axudan ao mantemento económico do mosteiro.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
16°
05/06/2023
nubes dispersas
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649