A tradición de Santiago de Compostela como cidade de acollida queda fóra de toda dúbida. Conta co hotel máis antigo do mundo, nacido en 1499 como Hospital Real coa función de albergar os peregrinos. En plena praza do Obradoiro, o Hostal dos Reis Católicos conxuga luxo e calidade cunha ampla tradición jacobea. Un museo con vida.
O convento dos franciscanos, outro dos edificios emblemáticos de Santiago, tamén ofrece aloxamento. Segundo a lenda, fundado polo mesmo San Francisco de Asís, o Hotel Monumento San Francisco converteuse nun dos lugares de referencia tanto para composteláns coma para forasteiros. Gozar dunhas excepcionais vistas mentres se nada uns longos na súa piscina climatizada é unha experiencia inesquecible.
A cen metros da Catedral. Ademais destas dúas xoias, Santiago conta cunha importante rede hoteleira distribuída ao longo da cidade. Grandes cadeas internacionais, pequenos hoteis con encanto escondidos en pleno casco vello como o Costa Vella, o minimalismo de pensións de vangarda como Acibeche ou os tradicionais albergues compleméntanse e conviven á perfección nunha cidade que presume de contar con máis de 120 establecementos hoteleiros.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
15°
10/12/2023
lluvia
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649