Santiago de Compostela

Localidad

1 valoracións
18
21
20

Qué ver en Santiago de Compostela

Visitas recomendadas Para coñecer todos os datos sobre a Catedral compostelá (historia, evolución, ritos e a súa relación cos peregrinos), visitar esta páxina. Para realizar un percorrido polos principais monumentos do casco histórico compostelán, acceder á súa vez a esta guía. Celebracións

Lumes do Apóstolo / Fotografía de Paco Rodríguez

Lumes do Apóstolo / Fotografía de Paco Rodríguez

Moitos peregrinos programan a súa ruta para xullo por ser época de vacacións, por gozar de mellor tempo, por ser os días máis longos e, tamén, por celebrarse neste mes as festas do Apóstolo. O 25 de xullo Compostela celebra ao grande o día de Santiago, patrón de Galicia e de España. Nas festas, que duran, aproximadamente, dez días, conviven tanto actos oficiais e relixiosos, coma diversos espectáculos de animación que enchen de ritmo, música, danza ou teatro as prazas do casco histórico. Na noite do 24 de xullo ten lugar un dos momentos máis esperados, os lumes artificiais do Apóstolo, un impresionante espectáculo pirotécnico que ilumina a fachada catedralicia do Obradoiro.

Dende mediados do século XIX mantíñase durante este acto unha atractiva tradición, a de queimar un gran castelo de piroctenia que imitaba a fachada gótica ou mudéxar da catedral. Non obstante, dende o 2011 e como maior protección para o templo, apostouse por potenciar os espectáculos multimedia e a escenografía en 3D. Polo menos ata o 2015 non se volverá queimar. Na xornada do 25 de xullo, día de Santiago, e mentres as rúas do casco histórico se converten nun bulicio de peregrinos, ten lugar no interior da basílica compostelá a tradicional misa na que o rei ou un delegado rexio fai a ofrenda ao Apóstolo. Nesta misa pódese ver o botafumeiro.

Ademais, toda Galicia celebra nesta xornada o seu día con diversos actos festivos e políticos por todo Santiago. Como outra curiosidade reservada aos máis pequenos, durante o 24 e o 25 saen ás prazas do casco histórico os clásicos xigantes e cabezudos, personaxes que non envellecen a pesar de que os seus bailes xiran ao son de ritmos case decimonónicos como La cascuda. Temor, sorpresa e alegría son tres das reaccións habituais nas caras infantís. Ademais do Apóstolo, Santiago tamén conta con outras festas importantes. Son as da Ascensión, cuxa celebración ten data variable coincidindo co sexto xoves tras a Pascua de Resurrección.

Estas festas son das máis queridas polos composteláns ao caer normalmente en maio e ao simbolizar un preludio do verán. Con diversos eventos culturais e lúdicos, así como tamén, con exhibicións ecuestres no recinto feiral de Santiago, son maioritariamente os estudantes os máis activos nelas ao supoñer unha paréntese antes da recta final do curso. É tradición ir a tomar unha porción de polbo á carballeira (robleda) de Santa Susana, situada na Alameda.

Puntos de interes de Santiago de Compostela (28)

O tempo en Santiago de Compostela

13°

20/04/2024

cielo despejado

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil981581611
  • Policía local981542323
  • Protección Civil981573162
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom