Santiago de Compostela

Localidad

1 valoracións
18
21
20

Restaurantes en Santiago de Compostela

Restaurante A Curtidoría ©Street View

Restaurante A Curtidoría ©Street View

Santiago de Compostela, como capital de Galicia, é o estandarte da cociña rexional. Ao seu mercado de Abastos chegan cada día os manxares máis exquisitos do Atlántico e as carnes e as verduras máis saborosas do planeta. Nesta praza mestúranse as estrelas Michelin cos universitarios máis torpes e as amas de casa máis experimentadas.

Todos co mesmo obxectivo: conseguir o mellor produto ao prezo máis baixo. Ás poucas horas, esta excelente materia prima estará cociñada con sabedoría e mimo para someterse ao veredicto dos padais máis esixentes ao longo dos máis de mil establecementos hostaleiros cos que conta a cidade do Apóstolo. O gromo da hostalaría máis tradicional encóntrase nas rúas do Franco e a Raíña.

Nesta zona estremeira á Catedral pódese gozar dende as tapas de orella que acompaña aos viños os prohibitivos percebes, pasando por porcións de polbo e pementos de padrón. Todo, regado cos mellores viños Mencía, Albarño e Ribeiro. A pesar de que estas dúas rúas son as que aglutinan un maior número de bares e restaurantes por metro cadrado, o resto do casco histórico tamén está enchido de negocios hostaleiros.

Xa fora das murallas, outra das zonas na que os composteláns adoitan gozar da boa mesa é a rúa de San Pedro. O produto, o protagonista, é o mesmo. Non se perde a esencia, pero advírtense aires novos tanto en técnica coma na presentación. Dado o carácter peregrino e universitario da cidade, convén destacar que ao longo desta se ofrecen infinidade de menús a un prezo moi axustado. Ademais, Santiago non é allea ás cociñas doutros cantos do mundo. En Compostela tamén hai sitio para os amantes da comida mediterránea, italiana, arxentina, xaponesa, turca ou americana.

Restaurantes de Santiago de Compostela (2)

O tempo en Santiago de Compostela

11°

19/04/2024

cielo despejado

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil981581611
  • Policía local981542323
  • Protección Civil981573162
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom