As Etapas do Silleda

Localidad

1 valoracións
2
2
2

Conexións en Silleda

Silleda ©Panoramio / cardigonde

Silleda ©Panoramio / cardigonde

Todos os peregrinos que chegados a Silleda deban facer un alto no Camiño para regresar aos seus lugares de orixe ou que queiran empezar a súa travesía nesta localidade pontevedresa, deberán establecer a conexión vía autobús.

A compañía que cobre os traxectos desde este núcleo ata as localidades máis próximas -Santiago (a 40 quilómetros) e Ourense (a 66 quilómetros)- é Monbús. O máis habitual é trasladarse ata Compostela (capital galega con aeroporto e estación de autobús e tren), a onde parten, como mínimo, cinco autocares ao longo do día e tamén durante o fin de semana.

O traxecto dura aproximadamente 45 minutos. No caso de que se prefira ir ata Ourense para continuar desde alí -vía autobús ou ben mediante o tren-, a viaxe en autocar ata esa cidade levaralles 1.13 minutos. Hai tamén, como mínimo, 4 ou 5 autocares que cobren esa liña.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

En Silleda hai en torno a 8 licenzas de taxi. A parada está na Avenida do Parque, s/n. O teléfono é o ( 34) 986580172. Con atención durante as 24 horas localízase o taxi de Santi López: ( 34) 986582582 e ( 34) 629840211. Diversos aloxamentos dispensan como un servizo a maiores a posibilidade do traslado de mochilas dos peregrinos. Entre eles están o Restaurante González e O Gran Albergue do Peregrino.

O tempo en Silleda

25/04/2024

broken clouds

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil986580071
  • Policía local986580002
  • Protección Civil660664809
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom