Silleda

Localidad

1 valoracións
1
1
1

Qué ver en Silleda

Silleda ©Panoramio / génessis

Silleda ©Panoramio / génessis

Silleda non conta cun amplo apartado patrimonial. Aínda así, un paseo polas súas rúas, prazas e parques permitirá ao peregrino coñecer algún dos monumentos dedicados a persoas ilustres (D. Alfredo Ramos y D. Vidal Ferreiro), ou, por ejemplo, a la emigración. Este grupo escultórico, de Fernando García Branco, está formado por tres figuras humanas. Dúas delas, sedentes, rodean a unha terceira figura, un espido feminino tallado en pedra.  

En Silleda, un dos lugares de referencia é a igrexa de Santa Eulalia, levantada no ano 1845. De fábrica de sillería, o seu aspecto é sobrio e elegante. Visita ao monasterio de Carboeiro e á Fervenza do Toxa Nas inmediacións de Silleda os peregrinos poderán visitar dous monumentos que concentran gran cantidade de romeiros. Un deles é o santuario da Saleta, situado na parroquia de Siador, o primeiro santuario de España con devoción á nosa Señora da Saleta. O outro, de máis renome, son as ruínas do monasterio de Carboeiro, un dos monumentos máis característicos da arte medieval galega.

A el tamén se pode acceder desde Bandeira, outra das localidade atravesadas pola ruta xacobea. Trátase dun cenobio benedictino que se ergue nunha bela paraxe a beiras do río Deza. A súa igrexa constitúe un dos mellores exponentes do románico oxival en Galicia. Fundado no ano 936 por orde dos condes de Deza, foi construído enriba dunha antiga ermida polos discípulos do mestre Mateo, artífice do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago.

Silleda ©Panoramio / edmarz

Silleda ©Panoramio / edmarz

Como curiosidade destacar que, pola súa situación, tívose que edificar unha enorme cripta de alicerces de gran resistencia que permitise salvar o desnivel dun acantilado. O recinto sufriu diversos avatares ao longo da súa longa historia. No 997 o monasterio foi arrasado por Almanzor, sendo reconstruído dous anos máis tarde a instancias do arzobispo de Santiago.

A partir da súa época de maior esplendor (dos séculos XI ao XIII) o cenobio foi sufrindo un lento declive ata que xa no século XIX tivo lugar a desamortización de Mendizabal. Tras anos de abandono e expolio, o conxunto foi nas últimas décadas de diversas restauracións e hoxe en día é destino de miles de visitantes.

Nel destaca unha das arquivoltas da porta principal, onde están tallados os vinte e catro anciáns do Apocalipsis. Desde Carboeiro parte unha ruta que conecta con outro dos lugares de maior interese da comarca, a Fervenza do Toxa. Situada no lugar de Pazos, preto de Merza, os caminantes poderán contemplar na paraxe unha espectacular cascada do río Toxa con 60 metros de caída.

A cascada, a máis coñecida de Galicia xunto á de O Ézaro (en Dumbría), rodéase dun espectacular bosque de ribeira que permite excelentes excursións xunto á canle do río, no que aparecen outros saltos menores.

Actividade

Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!

Actividade recente

No hay ningún comentario en este muro social

O tempo en Silleda

15°

22/09/2019

chuvieiro

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil986580071
  • Policía local986580002
  • Protección Civil660664809
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | Condicións xerais | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom