Reportaxe

Descubrindo o Camiño de Santiago: Vilalba, capital da Terra Chá

Vilalba é unha das cidades de interior máis importantes da provincia de Lugo, pasando por ela o camiño do norte nunha das súas etapas intermedias.

Rúa da Pravia-Vilalba - Bene Riobó

Rúa da Pravia-Vilalba - Bene Riobó

Vilalba, a capital da Terra Chá

Vilalba é unha das cidades galegas con maior calado histórico. Dela xurdiron un bo número de documentos e mostras que datan da era prehistórica. Abrigos dos primeiros habitantes do Paleolítico, construcións funerarias do Neolítico, así como mostras arquitectónicas de épocas posteriores, dan boa fe da relevancia histórica de Vilalba para todo o mundo.

No século VI, textos documentais aluden a Santa María de Montenegro como unha vila amurallada, a cal máis tarde, no século XII, corresponderíase coa cidade chamada Vilarente. Non está claro en que data foi, pero o nome final de Vilalba calcúlase que non sería empregado ata finais da Idade Media. Vilalba ademais é capital da comarca da Terra Chá.

Igrexa de Ladra - Chairego apc

Igrexa de Ladra - Chairego apc

Vilalba no Camiño

Vilalba é un dos puntos intermedios do chamado Camiño do Norte ou Camiño da Costa, sendo fin da etapa que comeza en Abadín e encabeza a etapa que chega ata Miraz. Os camiñantes deben ter en conta que, ben sexa na etapa de entrada ou na etapa de saída, haberá que andar un quilómetro adicional dende que se entra á cidade ata chegar ao meollo urbano, onde poder acceder aos servizos máis importantes.

Como puntos de interese para todo turista, en Vilalba está o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía, onde podemos ver os útiles de épocas prehistóricas atopadas na capital da Terra Chá, o Pazo de Penas-Corbeiras, e a torre da homenaxe do antigo castelo dos Andrade, a cal aínda se conserva a día de hoxe en perfectas condicións tras ser convertida en parador.

Camiñante chegando a Vilalba - José Antonio Gil Martínez (Flickr)

Camiñante chegando a Vilalba - José Antonio Gil Martínez (Flickr)

Feiras, festas e tradicións en Vilalba

Vilalba conta cun bo número de celebracións ao longo do ano. Entre elas destacan dúas gastronómicas e outras dúas de corte máis xenérico. Polo lado das festividades gastronómicas está a feira do Capón de Vilalba, unha feira que se celebra no 24 de decembro, en Noiteboa. Os galos véndense a partir das 9 da mañá chegando a cotizarse a máis de 200€ por unha parella de capóns.

Outra feira gastronómica é a do queixo de San Simón, a cal se celebra o primeiro domingo de abril, a condición de que non coincida en día 1. A pesar de que a feira está pensada para dar renome a este queixo, nela tamén se elaboran e venden outros produtos artesanais da zona. Ademais, en Vilalba hai unha festividade un tanto peculiar, a cal se celebra o 19 de marzo: a festa dos Pepes. Esta festa tenta reunir ao maior número de Pepes e Pepas, a quenes homenaxea polo seu nome.

Por último, están as festas patronais de Vilalba, as cales teñen lugar a finais de agosto. Os dous días grandes son San Ramón (31 de agosto) e Santa María (1 de setembro), aínda que igualmente as festas chegan a durar máis dunha semana. A actividade máis destacada destes días é a chamada "Xira Campestre", a cal reúne a varias decenas de miles de persoas xunto ao río Magdalena, dispostas a comer bailar e gozar de durante dous días.

Feria del Capón - Óscar Cela (La Voz de Galicia)

Feria del Capón - Óscar Cela (La Voz de Galicia)

Relacionados

Últimos contidos
Consellos
Curiosidades
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom