Estella

Localidad

2 valoracións
2
5
2

Restaurantes en Estella

Estella - Restaurante La Cepa

Estella - Restaurante La Cepa

Os camiñantes non terán que desviarse da sirga peregrina para atopar bares abertos desde primeira hora onde poder almorzar. Así, en plena zona monumental, na rú Rúa, algún bar-restaurante amence cedo para dar cobertura aos peregrinos.

Noutras rúas próximas, tamén se localizan establecementos abertos, como o propio bar do mesmo nome, con xantares. Estella é unha cidade con moitos servizos, polo que tanto ao almorzo como á hora da comida a infraestrutura necesaria para os romeus queda cuberta.

Nesta localidade, ademais, e a pesar de que a carta pode ter un prezo un pouco máis elevado que na contorna, a maior parte dos restaurantes ofrecen un menú diario ou de peregrino que rolda os 11 euros e que en moitas ocasións se mantén pola noite. 

Unha das especialidades é o gorrín asado, o prato típico de Estella, unha saborosa carne que se adoita acompañar con ensalada e un bo viño tinto. Como outras recomendacións da zona están os calvotes, fabas vermellas acompañadas de touciño e moi recomendadas para os fríos días de inverno, os pementos do piquillo, o cordeiro ao chilindrón (cordeiro, pementos vermellos, cebola e allo) ou o allo arrieiro (bacallau desecado con pemento, cebola, allo e tomate).

Como sobremesa é moi usual o queixo de Urbasa e, para facilitar a dixestión, tomar unha copa de pacharán (anís con arandeiras).

O tempo en Estella

24/04/2024

broken clouds

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil948550232
  • Policía local948548226
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom