Frómista

Localidad

1 valoracións
0
3
0

Servizos en Frómista

Frómista ©Street View

Frómista ©Street View

En Frómista os camiñantes acharán todos os servizos necesarios, como varias sucursais bancarias, unha farmacia, panadería, ultramarinos ou unha estación de servizo na súa saída. Os romeus poderán acudir ao centro médico, que abre as 24 horas, se teñen bochas ou calquera outro problema.

Na localidade os visitantes poden informarse na oficina de Turismo (Arquitecto Aníbal, s/n, 979 810 180; citfromista@yahoo.es). Durante o espazo de tempo no que non hai persoal municipal, voluntarios do Centro de Iniciativas Turísticas de Frómista, promotores do Camiño de Santiago, ocúpanse da tarefa de ofrecer información aos turistas ou peregrinos no mesmo local.

Esta oficina, na que acharán información sobre o propio lugar e que facer na contorna, abre desde abril ao 30 de setembro de martes a xoves de 9.30 a 14.00 horas (pola tarde lévana voluntarios do CIT) e de venres a domingo, de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Do 30 de setembro a abril ábrena os voluntarios do CIT os sábados e domingos pero nun horario máis reducido. A credencial peregrina pódese comprar neste centro. Tamén se pode adquirir na igrexa de San Pedro.

Servizos en Frómista (2)

O tempo en Frómista

25/04/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Garda Civil0034979810034
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom