As Etapas do Logroño

Localidad

1 valoracións
4
5
2

Conexións en Logroño

Logroño ©Panoramio Rosa M. Olivan M

Logroño ©Panoramio Rosa M. Olivan M

Principais conexións A Logroño pódese chegar en avión, en tren, en autobús ou en transporte particular. Para tráfico rodado as principais estradas son a O-20, a A-12, a A-11 e a autoestrada AP-68, que comunica a capital rioxana con Vitoria, Bilbao, Pamplona, San Sebastián, Zaragoza, Soria, Madrid e Barcelona.

En autobús

A estación de autobuses localízase no cruzamento da avenida Pío XII coa rúa Belchile (+34 941 235 983). Hai conexións diarias coas principais localidades de España. Algunhas das liñas e compañías que cobren estes traxectos son: con Madrid, Xixón ou León, Alsa; con Valencia-Alacante-Murcia, Bilman Bus (+34 941 243 572); con Barcelona, Zamorana de Transportes S. a. (+34 941 257 944); con Santander, Viacar (+34 941 257 944); con Pamplona, PLM Autocares; con San Sebastián, a Estellesa (941 235 803); con Burgos, Automóbiles Soto e Alonso (+34 941 243 572); e con Vigo, Pontevedra ou Ourense, Vibasa (+34 941 243 572). Consúltese máis información nesta web.

En tren

A estación ferroviaria está na avenida de Colón, número 83. Hai liñas regulares con distintos destinos españois como A Coruña, Madrid, Barcelona, Zaragoza, Valencia ou Valladolid. Para máis información, consúltese a web de Renfe.

En avión

O aeroporto atópase a 9  quilómetros da cidade, no termo municipal de Agoncillo. Para chegar ao aeródromo en coche deberase seguir a O-20 e a N-232. Non hai servizo de transporte público até o aeroporto. A pesar de non contar con moito tráfico aéreo, desde esta terminal si hai voos regulares a Madrid. O aeroporto de Pamplona dispón de liñas regulares con Barcelona, León, Madrid, Málaga, Palma de Mallorca e Valencia. Máis información, na web de Aena.

Taxis e transporte de mochilas

Correos ofréceche un servizo de envío de mochilas para que poidas camiñar sen cargas e gozar ao máximo das rutas e etapas, e tamén podes gozar dun servizo de embalaxe e envío de bicicletas. O prezo é de 42,03 euros (IVE incluído, envío a España peninsular). Funciona en todas as súas oficinas.

Logroño conta cun bo número de paradas de taxi. As principais están na avenida da Paz, 52-58; na rúa  Duquesa da Vitoria, 85; xunto á estación de autobuses, na avenida Pío XII, 2-4; xunto ao Hospital San Pedro, na rúa Piqueras, 98; no Espolón, fronte a Muro da Mata, 3; no parque do Semillero, na rúa Huesca, 63; na praza de Alférez Provisional, 2, na fonte de Murrieta; e na estación de tren, na avenida Colón, 83.

O número para chamar aos taxis é o +34 941 505 050. Ademais, están os servizos de Radio Taxi Rioxa S. L. (+34 941 222 122) e Uni-taxi (+34 941 505 050). Para o traslado de mochilas os romeus contan con tres opcións. Unha é Jacotrans. O contacto na Rioxa é:+34 636 099 299. As tarifas son de 7 euros.

O procedemento habitual é, para aqueles que dormen en albergues públicos, e ante a imposibilidade de reservar praza no seguinte até o momento da entrada, o de fixar un bar ou outro punto no lugar de destino onde recollelas. Para aqueles que se aloxan en albergues privados ou en hoteis, a mochila esperará por eles na seguinte hospedaxe.

Débese chamar con antelación, porque os vehículos adoitan partir coas mochilas desde o lugar de inicio antes das 9.00 horas. Ao mediodía, estas xa están na localidade de destino. Outra das compañías que tamén cobren toda a ruta é Camiño Fácil. O procedemento é idéntico ao de Jacotrans. Recoméndase chamar ou enviar un e-mail o día anterior para ter todo previsto.

As mochilas xa se depositan no lugar de destino á hora da comida. As tarifas son de 7 euros aínda que, segundo o número de persoas e o número de etapas concentradas (para os ciclistas), o prezo pode incrementarse.

Contacto: 610 798 138 / 947 585 002 / 947 580 010; contacto@caminofacil.net Coas mesmas tarifas e a mesma metodoloxía outra compañía que tamén traslada as mochilas aos peregrinos (e as bicicletas por un custo de 10 euros) é Globetrotte. O contacto desde Roncesvalles até Burgos é Rodolfo +34 667 386 307 / +34 948 537 295 / globtrotterrb@hotmail.com).

O tempo en Logroño

02/05/2024

cielo despejado

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil941221100
  • Policía local941235011
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom