Logroño

Localidad

1 valoracións
4
5
2

Restaurantes en Logroño

Logroño - Bar Lorenzo

Logroño - Bar Lorenzo

Se por algo destaca Logroño, ademais de por a súa beleza monumental, é por ser ostentar o título de capital gastronómica de España. Por iso, os peregrinos non deben esquecer facer un percorrido polas súas famosas rúas dos viños.

Entre a rúa Portales, cuxo nome procede dos soportais construídos ao final do século XIX, e a zona nova, pero aínda en pleno casco antigo, localízanse as coñecidas rúas Laurel e San Juan, dúas paradas obrigadas. No primeiro caso, o conxunto de rúas e bocacalles do Laurel inclúen preto dun centenar de locais con diversos e saborosos pinchos, un compendio da mellor gastronomía rioxana.

Lugar de chiquiteo e tapeo, cada bar ten varias especialidades gastronómicas. Algúns só ofrecen estas e outros teñen, ademais, outros petiscos. É común que se coñeza os locais  non polo seu nome, senón pola súa especialidade. Faragullas, embuchados ou cojonudos son só algunhas das ofertas culinarias que os romeus poderán gozar alí.

O local máis antigo é o Blanco y Negro, cun pincho moi destacado. Paralela á rúa Portales avanza a rúa San Juan, con diversas barras repletas de atractivos pinchos e tapas. Entre tanta oferta é difícil elixir. Iso si, sempre se recomenda regar as tapas cun viño da Rioxa. A esta zona moitos rioxanos coñécena como senda dos Elefantes, porque os que alí tomaban máis dun viño, que eran a maioría, saían cunha boa trompa.

O tempo en Logroño

12°

01/05/2024

shower rain

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil941221100
  • Policía local941235011
  • Conexión por tren
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom