
Unha das iconas máis asociadas ao Porriño é a igrexa de Santa María da Concepción. Ao completar a etapa do Camiño Portugués que vai de Tui a Mos, cruzamos O Porriño. Así como o tramo que pasa polo polígono industrial das Gándaras se fai interminable, ao pasar polo centro do Porriño o camiño é marabilloso. É neste tramo no que pasamos pola Igrexa de Santa María da Concepción.
Trátase da igrexa parroquial do Porriño, pola súa importancia. Recibe a advocación da Inmaculada, aínda que non sempre foi así. Hai séculos había outra igrexa no seu lugar, e estaba dedicada a San Xurxo. O edificio actual foi adicado por primeira vez a Nuestra Señora de la O, ata 1809, cando pasou a ser Santa María.
A igrexa foi construída a mediados do século XVI, e o seu estilo é austero. Consta dunha nave central e dúas laterais, nas que podemos atopar imaxes de diversos santos e, por suposto, da Virxe. Esta igrexa que atravesa o Camiño de Santiago é xa un símbolo desta etapa. Non vos deixedes enganar pola súa sinxela decoración, este templo é un dos máis valorados da zona e conta con moitos séculos de historia ás súas costas.
Para vivir o camiño debes estar rexistrado e/ou logueado. Dá o primeiro paso e empeza a túa historia!
No hay ningún comentario en este muro social
15°
24/09/2023
cielo despejado
Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas
Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web
© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649