As Etapas do Ribadeo

Localidad

1 valoracións
6
6
3

Conexións en Ribadeo

Ribadeo ©Panoramio /© xeima

Ribadeo ©Panoramio /© xeima

A principal vía terrestre que comunica Ribadeo co interior de Galicia e Asturias é a autovía A-8 ou Transcantábrica. Pola localidade discorren tamén a N-634 (San Sebastián-Santiago de Compostela), e a N-642 (Ribadeo-A Veiga), que permite a conexión con Lugo, capital de provincia, a través da N-640 e A-6. Segundo os datos municipais, a distancia por estrada entre a vilaribadense e as principais cidades é de 86 quilómetros a Lugo, 156 á Coruña, 192 a Santiago de Compostela, 126 a Ferrol, 199 a Ourense, 252 a Pontevedra e 277 a Vigo. A estación de autobuses localízase na avenida Rosalía de Castros/n (982131208). Dende alí operan as compañías Alsa (982130805) e Arriva (981311213).

Esta última non dispón de despacho na estación, polo tanto o billete adquírese no propio autobús.

En tren

A estación de tren de FEVE (Ferrocarril de Vía Estreita) sitúase no lugar Dos garitos (982130739). Corresponde á liña Ferrol-Xixón, e é unha boa opción para desprazarse a localidades entre Oviedo e Ribadeo, ou se se quere conectar o Camiño do Norte co Inglés (dende Ferrol). O trazado ferroviario serpea a costa en sentido leste e oeste, e lanza catro trens diarios en dirección á popular praia das catedrais.

O aeródromo situado en Vilaframil favorece a conexión por vía aérea con todos aqueles lugares que dispoñen de aeroportos e aeródromos. O aeroporto máis próximo é o de Asturias ou de Ranón (Avilesino), a 133 quilómetros. A unha distancia similar encóntrase o de Alvedro, situado na Coruña.

O camiño dacabalo

A empresa de ocio A Madanela ofrece rutas a cabalo e outros servizos como hospedaxe e ferraxe de cabalarías. Ten a súa sede na parroquia de Vilaframil, a uns tres quilómetros do núcleo ribadense. Teléfono 633393330.

O tempo en Ribadeo

18/04/2024

muy nuboso

Localización
Mapa de establecimientos en la localidad
Servizos
  • Conexión por autobus
  • Caixeiros
  • Farmacias
  • Garda Civil982128048
  • Policía local689550055
  • Conexión por tren
  • Protección Civil659942159
  • Supermercados
  • Paradas de taxi
La Voz de Galicia La Voz de Asturias

Puntos de interese

Localidades | Albergues | Aloxamentos | Restaurantes | Guarnicionerías | Médicos | Puntos de interese | Talleres de bicicletas

Contactar | Politica de privacidade | Política de Cookies | | Aviso Legal | Autoría | Mapa Web | Consentimiento

© Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A. Polígono de Sabón, Arteixo, A Coruña (ESPAÑA) Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña no Tomo 2438 do Arquivo, Sección Xeral, aos folios 91 e seguintes, folla C-2141. CIF: A-15000649

Desenvolto e administrado por Hyliacom